![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgGUVWVz5U5Vin2PdZBJEwth3BBW1VLTG22LkIUejaQjA8V_Oqr0sYHbnpxTbQHs-fH1-bWjFAmS-CmxqcEMcTVLM3VD93W7wl_d4pVpAMM4h2umuWSgatw_j4dty6vHZj1ujqsnqJJvEA/s320/Imagen232.jpg)
Octava xornada de liga, xogan Sevilla e Real madrid, dous dias aantes do partido o señor Del Nido chama por teléfono ó seu amigo Florentino.
- Oye Floren, que o sábado non podemos xogar eh! que non temos xente macho...
- Bueno home pois non pasa nada, xa sabes que conmigo non tes problema por eso...
- Vale tío poi daquela xa chamo eu a Villar e dígolle que xa xogaremos outro día.
- Si, si , cando queiras.
Coma na parodia de Gila sobre a guerra, "-oiga es el enemigo? ¿y cuando tienen pensado atacar...?"
A todo esto o Madrid está primeiro e o Sevilla segundo.
O tempo vai pasando e o partido "aplazado" segue sen xogarse. Hai varios festivos polo medio pero ningunha data lles vai ben nin a uns nin a outros...
Chega a penúltima xornada de liga e atopámonos con que o Depor se pon primeiro con un punto de ventaxa sobre o Madrid. Pero falta por xogar o partido "aplazado". Como a estas alturas de competición o Sevilla xa non se xoga nada, Del Nido chama a Florentino e dille :
-Oye Floren, que estou pensando eu que...a nós xa nos dda igual, xa non temos nada que pintar nesta liga así que pasamos de ir xogar eh!
-Bueno, como ti queiras eh...
- Si,si xa chamo eu a Villar e xa lle digo que vos regalamos os tres puntos e que vos vaia preparando outro trofeo...
E esta xa é a segunda liga consecutiva que o Madrid gaña con esta "artimaña legal".
E Gila tamén tiña un chiste para definir esta situación, seguro que o coñecedes, aquel que explicaba a diferencia entre enfadado, irritado e cabreado...
¡¡¡WE ARE THE CHAMPIONS!!!