![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjvU6gT8cO_ku8d-9la11NRKZ4AzUiZgWKeZj_ul2aRsbt8QERDxdyF1HCB7v0ycFHH5nErkmVP5niPc1mvW3sWQB01vx75gReylD4TMzd6HlTM9RUxWz_VJIMbjctrescDPPKPkSSAjgI/s320/Imagen237.jpg)
Estos tipos van a pasar a engrosar a lista de bestias negras que temos na UPOFU xunto con Delediei, John Moore e algún mais. Son maliños,maliños pero elimináronnos da copa na primeira ronda e agora elimináronnos da liga.
A verdade é que o imos pasar mal como nos sigan faltando os galácticos, sobre todo no noso campo porque alí hai que xogar mais ó fútbol e importa menos o pelear e correr que é o noso. De todas formas, contra estes equipos non deberiamos ter problemas pero temos que enchufar as ocasións de gol; este día tivemos moitas e non as metemos e eles chegaron unha vez e marcaron un gol ( e unha falta ó largueiro).
Seguramente non podamos xa aspirar a gañar a liga pero polo menos temos que intentar adaptarnos ó campo e xogar un pouco ó fútbol, deixarnos de tanto pelotazo e xogar mais ó toque. Se non sae pois non pasa nada pero polo menos intenta-lo.
Xogador da xornada: Cascuda
Berrón da xornada : Jose Angel (dixoo o árbitro)
No hay comentarios:
Publicar un comentario