20/12/09

NOVO PATROCINADOR


Despois de moitas noites de negociacións a Peña Internacional e Estrella Galicia chegan a un acordo de patrocinio para as vindeiras tempadas. En principio o apoio do grupo cervexeiro íase centrar somentes neste blog, foro oficial da Peña Internacional, ó que leva patrocinando xa varias semanas. Sen embargo, a partir de agora, non só luciremos publicidade de Estrella Galicia no blog senón tamén nas camisetas.
Fixemos vir dende Barcelona a Tito Medín para que se fixera cargo das negociacións e foi todo un éxito porque parece que exprimiu os fillos de Rivera ata que pediron papas.
Non podemos falar das cantidades acordadas pero rumoréase que varios barriles para Soto, Gejo e Iceman, algunhas caixas de quintos para Cascuda e Fredy e moita xandy para Troyón.

¡¡¡ COMA SEMPRE TITO ERES UNHA MÁQUINA!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario