13/12/09

PERFIL DA SEMANA

David Rodriguez, alias "Chikrinsky", o home que mais quilómetros fai no noso equipo. Outro motor diesel coma os que el destripa todos os días. Non é rápido pero sempre chega, vai ben de cabeza e non se perde tácticamente. Sabe perfectamente cal é o seu traballo e faino sen mais, sen florituras. Chega, corta o balón e dallo a outro, parece fácil pero é moi dificil. En cambio David faino á perfección.
Chegou ó equipo na primeira temporada, no primeiro salto de calidade, e foi o que abreu as portas da Inter a esa productiva canteira de Bordelle. Segue ó mesmo nivel de sempre, mellor incluso, coidase coma un profesional e sempre está en forma.
Forma parte dese grupo denominado "OS Pesimistas", eses que antes do partido sempre dín: "Estes son moi bos eh! vannos meter catro ou cinco!..." Ou despois dos partidos dín: "eles tiveron catrocentas ocasións e nós ningunha.."
Hoxe por hoxe é fundamental no equipo, sobre todo por se non arranca algún coche...

2 comentarios:

  1. ¡¡¡ Arriba os motores diesel !!! (e tamén os pesimistas)

    ResponderEliminar
  2. Ou para levarnos a unha cafetería que está "ahi o lado" a tomar as cañas...

    ResponderEliminar