20/12/09

O NOVO TRINCADO SI QUE NOS TRINCOU


Aquí os tedes, con esta pintiña e coas malleiras que lles metiamos en Uxes e foron os únicos capaces de vencernos. Xa sabiamos que xogaban ben pero o certo é que en campos coma Uxes ou Peisaco sempre ou case sempre lles gañamos. Este ano na laboral, nun campo grande, bailáronnos e metéronnos un repasiño que posiblemente nos prive unha vez mais de recoller a copa de vinte euros en vez da de dez.
Deséxolle sorte ó Novo Trincado que ainda pode ser campeón. Dende logo, de non gañar nós, que gañen eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario