20/12/09

URBEHR 3 INTER 6

o mellor de Abegondo, sin duda, o chiringuito.
Penúltima xornada en Abegondo contra un equipo que estivo loitando polo título case ata o final, ainda que nas últimas xornadas se desinflou.
Comenzamos xogando contra nove e aproveitamos os primeiros minutos para deixar resolto o partido. Volvemos a ser poucos porque as ceas de empresa estan acabando con nós, pero ,como xa dixen o outro día, con dous ou tres cambios para nós é o ideal. ¡ Incluso se cabrearon por facer moitos cambios.!
Na segunda parte, sobre todo dende que marchou Alberto, volveunos dar a pájara de sempre pero xa tiñamos moita ventaxa e non nos poideron remontar. Con todo deixamos pasar unha boa ocasión para recortar a diferencia de goles.
A sorpresa chegou ó final do partido cando recibimos un SMS confirmándonos o empate de John Moore. Así que aproveito para decirvos, se ainda non o sabedes, que estamos líderes.


Xogador da xornada: Alberto. Agora mesmo sen el estamos perdidos.
Berrón da xornada : Coma sempre os do outro equipo, sobre todo o que parecía Coloto.

1 comentario:

  1. O partido non tuvo moita historia, pero a xogada da semana foi o primeiro gol deles. Quedouse a nosa defensa pedindo o fora de xogo e logo foi Jaime a protestar o árbitro e dille:

    - ¿No ves que era fuera de juego?
    - No era. Lo rompía un defensa.
    - ¿Qué dices, hombre? ¿Quien lo rompía?
    - El número 6.

    Para que a conversación fora perfecta, nese momento Jaime tíñalle que decir:

    - No me jodas, Rafa. ¿Cómo que ha sido el 6? (e con estas meterlle unha boa hostia)

    ResponderEliminar