13/12/09

INTER 3 SPORT CAFÉ 0

Amijiños, remataron as vacacións e xa estamos de volta.¡ E que maneira de volver!.
Co equipo baixo mínimos, con só once xogadores e un enfermo, fixemos o mellor partido da tempada.
Ainda que non esten coma outros anos, Sport Café é uns dos equipos de arriba e gañarlles sempre é difícil. Comenzamos o partido sen suplentes, con once xustos, a cousa non tiña boa pinta. Eu, que non ía xogar, andiven pedindo roupa prestada para polo menos ter un suplente no banquillo, e un pouco despois apareceu Carlos o de Carral...para nós suficiente. ¡Con dous cambios xa somos temibles!.
Dende o primeiro minuto empezamos mandando, tocando e tocando, con Fredy e Corgo no medio coma se fosen Xavi e Iniesta. Eles berraban moito pero non facian perigo, cada falta que lle faciamos a Valencia parecía "intento de homicidio".
Os poucos minutos o primeiro susto, Corgo retírase pensando que leva un dedo roto (ó final non foi nada). A todo esto seguimos ó noso, Iceman e Terminator dando, Manu cortando e Fredy distribuindo. Arriba entre Carlos e Alberto toleaban ós cinco pelados de atrás...que non sei se vos fixáchedes pero neste equipo xogan os calvos na defensa e os de pelo largo dianteiros, así é mais fácil. ¡ Canto choio aforraría eu!.
Conclusión: estamos rematando o Apertura xogando moi ben, e ainda temos posibilidades de gañar o torneo. ¡Lástima deses partidos nos que non faltou xente!.De todas formas o próximo sábado podemos asegurar a segunda praza que tampouco está mal.


Xogador da xornada: Piñeiro, marcou o primeiro gol e xogou en todas as posicións. Fixo varias triangulacións coma o mais galáctico dos galácticos.
Berrón da xornada : Valencia. Con ese corpo non se pode queixar tanto, se chega a medir metro e medio coma min...

1 comentario:

  1. Os partidos contra este equipo son dos que máis me gusta gañar, porque son unha panda de choróns e marrulleros, especialmente os tres ou catro que todos sabemos.
    Esta vez faltaba algunha que outra boa peza (Guardiola; creo que Iceman o botou de menos), pero os que estaban cumpliron co seu papel.

    Foi unha lástima que Piñeiro se templara despois da entrada que lle fixo Zapata. Por un momento pensei que voltaríamos a ver a súa mítica "patada voladora", como a que fixo hai uns anos contra os Gauchos. Outra vez será.

    ¡Ánimo compañeiros! A seguir coa boa racha.

    ResponderEliminar