![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiNWDVZ87ZpyUn7CImH6KiZ8tp253BJ2zSq__o6bl-_v-u31YVK3kC2GCFW9nM3_bh4zYXlOZMC5k3uWbje6pMGkk70BWyH-VRwpd4cYPCIMkG2t7ffWBlaBVRBMUlHkMeDSIbECS0u2mk/s320/Imagen210.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjhL_o9QuBamCvjiziI2GHCFbs86mcrc554MTlnOUILhmoZevzTvZuVQxxjWlVNsHAxEaKimQkvfoFx1fneA5g1Fi91xDlJ-Qf-RWhGgxAVjBnTWAKi1Gy6sgzh_id5gunuPvYZ9wLjkIU/s320/Imagen207.jpg)
De todos é sabido que Bruno usa unha pócima máxica...unha sustancia de cor azul, de aspecto sospeitoso que algúns (da John Moore claro) din que bordea a legalidade. Nada demostrado claro. O líquido conta coa aprobación da F.E.D.E. (Federación Española De Equipos) e ademais...esta semana non o trouxo e marcou outra vez.
Pero quen deu ca clave do seu éxito foi Fredy, que afirma que se debe a que é coma o futbolín de Emilio Butragueño, que premes un botón e os xogadores estan seguido movendo a perna para tirar. A demostración está no golazo que marcou.
En calquera caso, sexa a pócima máxica ou o futbolín do Buitre o chaval promete...e é que lle vai no sangue.
No hay comentarios:
Publicar un comentario