![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhawwyvpwwo-vA8FXOAowYaNhY3ZJ8O4H9gZXXgQZKk7-zu41d1-cZYtkl8WdWirljjuQ28opOttJy4oGoHllJyVo3yq1TXGG4PcuWRFHj_GBjR7Mqg_a71uuSpSQro8JIFLSSU3PZeR-g/s320/Imagen031.jpg)
Marcos Gómez Hortas. Este nome, en principio, non nos dí nada pero todos os dianteiros da UPOFU se cagan de medo cando senten berrar por eses campiños de Dios o seu nome de guerra...¡¡CASCUDAAAAAAA!!.E a verdade é que acojona, ninguén sabe de donde lle ven semellante alcume pero ata a señora Ana e mais o señor Emilio lle chaman así.
É un deses extraños casos no mundo do fútbol, non é rápido, non é forte, non é tecnico...pero calquera adestrador o quere no seu equipo. Marca moi ben no home á home, dalle igual que teña que defender a Chuchiño dos Queixos ou ó mesmisimo Maradona...el non se arruga nunca. Se o dianteiro é un fenómeno...xa lle buscará el o punto débil. Tacticamente é moi bo, nunca perde o sitio e sempre ofrece unha saida ós compañeiros. E en ataque, contan que seica din que dixeron que un día, fai moito, moito, moito tempo, marcou un gol.
Dianteiros do mundo, cando vexades que se morde un beizo...¡¡¡Que Dios vos colla confesados!!!
Non podo rematar este perfil sen mencionar a súa xogada preferida, esa que o fixo famoso en toda a UPOFU. Cando o dianteiro é destes que gambetean moi ben, que dominan as bicicletas, non sabes se sairá pola dereita ou pola esquerda...Cascuda faille o famoso baile de Chiquito de la Calzada; izquierda, izquierda...derecha, derecha...y pies juntooooooos y olé. Non soe fallar, sempre se queda co balón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario