![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiAHgqkkuJhWaKdWrbecU3FEi1h_DQW7uQJoreuBoKpWn-GtJVd4AvKKMeCWm5D8O7DpUXADGg-cGbohUByNTSnhi8gf74fEnQ8LgRUKXg3pQxSNhorO0IRm3ITEtnCOExz0dDKMp_YAKk/s320/Imagen370.jpg)
E xa son dúas xornadas seguidas goleando contra equipos de arrriba. Non é casualidade, é que agora estamos todos, temos equipo e ademais temos banquillo.
Sorprendeume o fácil que gañamos, marcando pronto e, a pesar de que empataron enseguida, non nos viñemos a baixo.
Na primeira parte tivemos uns minutos que xogamos moi ben, mellor que nunca, tocando rápido, facendo paredes e sacando o balón dende atrás. Buscamos sempre a porteria rápido e non coma outras veces que tocamos por tocar.Repito que estes a mais os do outro día son bos, presionan, corren e dan leña polo que ten mais mérito.
Estamos amarrando ben atrás con Iceman e Terminator en plan estelar e en ataque se estamos todos non habemos ter problemas, se non marca un xa marcará outro.
Temos que seguir así, só quedan tres xornadas e ainda pode pasar de todo, estamos na pomada que é o que importa.
Xogador da xornada: Outra vez os dous centrais, a súa primeira parte foi espectacular.
Berrón da xornada : Carlos e os defensas do outro equipo que, nun partido sen problemas, case chegan ás mans e ainda non sei porqué.
Jajaja, e non nos olvidemos que un dos centrais meteu un gol...
ResponderEliminarCómo que meteu un gol un dos centrais? Contade as cousas ben. Non hai mención os dous goles en propia porta que nos metemos?! Que metemos 9 e eles 1!!!!! E o gol e xogada da temporada? Un gol en colaboración entre Gejo e mais eu! (Manda güevos)
ResponderEliminar