25/10/09

LOS HERMANOS MONTES Y CHARLY, ESOS GRANDES HUMORISTAS


Xa sei que esto non ten nada que ver co fútbol senón mais ben con "El club de la comedia" pero de todas formas non me resisto a contárvolo. Vouvos contar unha conversa que tiven o sábado cos dous de Carral para que vexades porqué aprecio tanto a estes fulanos. Non sei se entederedes algo porque parece un dialogo de besugos pero xúrovos que me rín de carallo, pode dar fé Piñeiro que tamén estaba presente.
Pois ben, o sábado acababa de comenzar a segunda parte e estabamos no banquillo Piñeiro, Jose Angel, Carlos e eu, primeiro díxenlle a Jose:
- Oes Jose, ti tamén podias xogar de central, ¿e logo cómo non te puxen a tí de central...?
- Pois non sei joder! e que non sei que carallo fas!(con un cabreo de tres pares)
E dígolle eu - pois quenta que vas entrar de central dentro de quince minutos...
Entón díxome que se era en quince minutos que ainda non quentaba e sentouse pero quedamos en eso en que xogaría de central.
Bueno, pasaron os minutos e eu, resolto ese tema dediqueime a falar con Carlos. Empecei por falarlle dunha xogada concreta de facía pouco... de como tiña que desmarcarse...de que tiña que cambiar a forma de xogar... pero funme animando e empecei a darlle unha conferencia de carallo. Xa levaba como dez minutos dándolle a tabarra e o tío aguantando estoicamente sen cabrearse nin dar unha mala palabra...e nesto que sae un balón pola outra banda e salta Carlos -Xa vou eu por el.- E XA NON VOLVEU!!! quedou ata o final no outro lado arrimado a un pino e mollándose todo.
Como Carlos me deixou prantado volvín a darlle a chapa a Jose Angel. Dígolle -Bueno Jose, entras logo de central? e o tío pónse coma unha fiera e empeza a berrar : -non me poñas atrás joder que hai que ganar, deixame xogar arriba...(xa quedaramos en que ía xogar de defensa...)
Total, que estivemos discutindo un rato, terciou Piñeiro que lle dixo que non tiña razón e entón vai el, séntase no banquillo, empezase a rir e dí:- A verdá é que non teño razón ningunha, non teño razón ( coma se falase consigo mesmo) é solo pa poñer excusas, excusas nada mais...
E xa nos botamos todos a rir, cada ún xogou onde quixo e ó carallo.
E mentras Carlos arrimado ó pino.

1 comentario:

  1. Esto é un cachondeo. Fai falta mano dura.
    Nos tempos de Chechu (¡vete ya!) estas cousas non pasaban.
    O próximo sábado Fredi porteiro e Catoira media-punta.

    ResponderEliminar