24/9/11

O MELLOR DE TODO O TERCEIRO TEMPO

QUEN SERÁN OS DA OUTRA MESA...?? TEÑEN MALA CARA...
Troyón xogou no medio e a raia quedou soa...

A FICHAXE DE MOURIÑO CLAVE NA VICTORIA.

John Moore (ou como carallo se chame) 3 Inter 4

Un partido coma os de antes!! Peleando, sufrindo, pero gañando.
Témoslle comida a moral a esta xente! Non saben que facer para gañarnos. Poden ter a vitrina chea de latas, pero cando se trata de xogar no campo xa non saben que facer con nós.

Esta era a proba que nos facía falla para saber se optamos ó título ou non. Levabamos dúas victorias pero moi xustiñas e contra equipos maliños, pero esto xa é outra cousa.

Total, o mellor partido no que vai de liga...e Manu de bodorrio. ¡¡A xente ten uns días para casarse!!


XOGADOR DA XORNADA: Para que non se enfade ningún, haberá que repartir a cousa entre Troyón, Carlos e Juan (CR10)


BERRÓN DA XORNADA : jaime, que empeza a temporada cos pulmóns a tope.

14/9/11

ESTE ANO SÍ !!!


Despois da nosa particular "travesía polo deserto", de unha temporada ou dúas paseando polos postos baixos da UPOFU, puedo prometer y prometo que este ano, por fín, caerá algún título.

Reforzamonos ben e recuperamos ós veteranos, que xa levan ós fillos criados e parece que agora van poder xogar.
Na primeira xornada xa eramos 17, cousa que non pasaba dende fai tempo. ¡¡Ata viñeron os do pádel!!.


Así que como dician no Barça nos anos oitenta: "Aquest ani sí..."

4/4/11

O EQUIPO NON ESTIVO Á ALTURA DAS ANIMADORAS

As cheerleaders teñen que seguir ensaiando, igual ca nós.

CLASIFICACIÓN XORNADA 9ª

Logo letra upofu
Logo futbolista
XVI Temporada - 2010/2011
Jornada 9 - Torneo Clausura
EQUIPO Ptos PJ PG PE PP GF GC dif. sanción
1 La Academia Tándem Bar 21 9 6 3 0 21 5 +16
2 O Novo Trincado 20 9 6 2 1 31 11 +20
3 Urbenorte Inmobiliaria 19 9 6 1 2 26 20 +6
4 E-Tapas 16 9 5 1 3 19 15 +4
5 Urbher 15 9 4 3 2 16 13 +3
6 Milanistas PES-K-2 13 9 3 4 2 19 17 +2
7 Ruraltec Dele Diei 11 9 3 2 4 15 15 +
8 Restaurante Portofino 10 9 2 4 3 13 15 -2
9 Santoro 10 9 3 1 5 20 23 -3
10 Cafetería Internacional 2 10 9 3 1 5 11 16 -5
11 Tasca Troula Albions 10 9 3 1 5 13 22 -9
12 Sport Café 7 9 2 1 6 25 35 -10
13 La Taberna del Arriero 7 9 2 1 6 16 26 -10
14 Dínamo de Palazuelos 6 9 1 3 5 19 31 -12

PRÓXIMA XORNADA

Santoro - E-Tapas
Academia-La Taberna del Arriero
Urbher - Milanistas
Albion - Delediei
Dínamo - Prtofino
Internacional - Urbenorte........( Laboral ás 10)
Sport Café - Novo Trincado

RESULTADOS DA XORNADA 9ª

La Taberna del Arriero -Santoro............6-2
Milanistas -Academis.............................0-1
Delediei -Urbher......................................0-0
Portofino - Albion .....................................0-1
Urbenorte - Dínamo..................................3-2
Novo trincado - Internacional..................4-0
E-Tapas - Sport Café...............................3-2

FAI DEZ ANOS LEVABAMOS AS MOZAS ÓS PARTIDOS, AGORA LEVAMOS AS FILLAS


A NOVA PLANTILLA

31/3/11

Acalorada discusión entre Piñeiro y J.Angel por un fuera de juego

EL TÍO CHARLY TE NECESITA

NON SE PODE REPETIR O DO SÁBADO PASADO!! SÓ TEÑO SETE CONFIRMADOS PARA ESTA SEMANA. NECESITO QUE VEÑAN O SÁBADO TODOS OS QUE NO TEÑAN UNHA BOA EXCUSA ( unha perna rota ou algo así...)

ESPERO AS VOSAS MENSAXES!!

INTER 2 SPORT CAFÉ 3

Bueno, bueno, non me quedou tan mal corpo ó final! Todo prometía ser un auténtico desastre ó principio, pero estivo a punto de ser a mellor remontada na historia da peña.

Ás dez da mañán, hora do partido, estabamos no campo catro xogadores. Despois foron aparecendo outros dous ou tres que estaban no vestuario....logo outro...Total, que empezamos con oito xogadores e Manu facendo de Iribar. Aquelo era un cachondeo. Por encima eles estaban motivadísimos e enseguida nos meteron dous goles nos que Manu, por certo , non tivo nada que facer.
Cando ían dez ou quince minutos chegou Catoira. Puxo os guantes, colocou as medias, quentou ben todas as articulacións, tomou un café...e por fín púxose na portería. Logo tamén chegaron Jose Angel e CR25, co cal xa xuntabamos once pero case estabamos no descanso.


Na segunda parte comenzou outro partido. Permitímonos o luxo de xogar con dez porque aguén tiña que quedar fora coidando a Sariña, a nena de Angel, pero pelexamos coma nos vellos tempos. Farru fíxose co medio do campo e Jose Angel e mais CR25 comenzaron a bombardear a portería rival.

Para non aburrirvos moito direivos que acabaron pedindo a hora e que tivemos ocasións de sobra para gañar.

RESULTADOS 8ª XORNADA

La Taberna del Arriero - E Tapas........0-3
Santoro - Milanistas ..............................4-1
Academia -Delediei ...............................2-0
Urbher - Portofino ................................0-3
Albión - Urbenorte ................................4-3
Dínamo - O Novo Trincado.......................1-5
Internacional - Sport Café ........................2-3

PRÓXIMA XORNADA

La taberna del Arriero -Santoro..........Morás ás 12
Milanistas -Academia.........................laboral ás 10
Dele Diei -Urbher ............................Abegondo ás 12
Portofino- Albión .............................Laboral ás 12
Urbenorte - Dínamo............................Abegondo 11
Trincado -Internacional........................Oza ás 12
E Tapas - Sport café................................Oza ás 10

CLASIFICACIÓN DA XORNADA 8

XVI Temporada - 2010/2011
Jornada 8 - Torneo Clausura
EQUIPO Ptos PJ PG PE PP GF GC dif. sanción
1 La Academia Tándem Bar 18 8 5 3 0 20 5 +15
2 O Novo Trincado 17 8 5 2 1 27 11 +16
3 Urbenorte Inmobiliaria 16 8 5 1 2 23 18 +5
4 Urbher 14 8 4 2 2 16 13 +3
5 Milanistas PES-K-2 13 8 3 4 1 19 16 +3
6 E-Tapas 13 8 4 1 3 16 13 +3
7 Santoro 10 8 3 1 4 18 17 +1
8 Ruraltec Dele Diei 10 8 3 1 4 15 15 +
9 Restaurante Portofino 10 8 2 4 2 13 14 -1
10 Cafetería Internacional 2 10 8 3 1 4 11 12 -1
11 Sport Café 7 8 2 1 5 23 32 -9
12 Tasca Troula Albions 7 8 2 1 5 12 22 -10
13 Dínamo de Palazuelos 6 8 1 3 4 17 28 -11
14 La Taberna del Arriero 4 8 1 1 6 10 24 -14

22/3/11

PRÓXIMA XORNADA 8ª 26/03/2011

La Taberna del Arriero - E-Tapas ........................Morás ás 12
Santoro - Milanistas.................................................Almeiras ás 11
Academia -DeleDiei..................................................Oza ás 10
Urber- Portofino.....................................................Abegondo ás 11
Albion -Urbenorte...................................................Laboral ás 12
Dínamo - O Novo Trincado....................................Curtis ás 11
Internacional - Sport Café.....................................Laboral ás 10

RESULTADOS 7ª XORNADA

Milanistas - La taberna del arriero 4-1
DeleDiei - Santoro 3-0
Restaurante Portofino- Academia 1-1
Urbenorte- - Urbher 3-1
O novo Trincado- - Albion 4-0
Sport Café - - Dínamo 7-7
E-Tapas- -Internacional 0-0

21/3/11

DE MOMENTO MÁNDOVOS A CLASIFICACIÓN

XVI Temporada - 2010/2011
Jornada 7 - Torneo Clausura
EQUIPO Ptos PJ PG PE PP GF GC dif. sanción
1 Urbenorte Inmobiliaria 16 7 5 1 1 20 14 +6
2 La Academia Tándem Bar 15 7 4 3 0 18 5 +13
3 O Novo Trincado 14 7 4 2 1 22 10 +12
4 Urbher 14 7 4 2 1 16 10 +6
5 Milanistas PES-K-2 13 7 3 4 0 18 12 +6
6 Ruraltec Dele Diei 10 7 3 1 3 15 13 +2
7 E-Tapas 10 7 3 1 3 13 13 +
8 Cafetería Internacional 2 10 7 3 1 3 9 9 +
9 Santoro 7 7 2 1 4 14 16 -2
10 Restaurante Portofino 7 7 1 4 2 10 14 -4
11 Dínamo de Palazuelos 6 7 1 3 3 16 23 -7
12 Sport Café 4 7 1 1 5 20 30 -10
13 La Taberna del Arriero 4 7 1 1 5 10 21 -11
14 Tasca Troula Albions 4 7 1 1 5 8 19 -11

14/3/11

DÍNAMO 0 INTER 5

Non estivo mal a cousa...de ser Dínamo o equipo de sempre non tería nada de raro o resultado, pero a verdade é que non teñen nada que ver cos que xogaban en Coiro. Cambiaron de campo, cambiaron de equipación e cambiaron os xogadores. Agora son bastante mellores.

O certo é que fixemos o mellor partido da temporada e xogamos moi ben, tamén tivemos sorte de marcar ó principio pero estivemos bastante serios.
As novas fichaxes responden á perfección, o futuro está asegurado, hai canteira, e se temos problemas por ese lado repasamos o arbol xenealóxico de Soto (Jose para los amigos) que malo será...

Por outro lado, o míster gañouse unha segunda oportunidade. Acertou co plantexamento e cos cambios... Co que non acertou foi co campo que o tivemos que coller cando xa estaba chegando a Betanzos.

XOGADOR DA XORNADA :" CR25 "que marcou o camiño da victoria con dous goles.

BERRÓN DA XORNADA :" Conan El Barbas". Se berra así cando goleamos,¡¡ como fará cando perdamos!!

22/2/11

A SOTO NO LO COJEN NI LAS CÁMARAS..




SOLO CON INFRAROJOS Y A ULTIMA HORA DE LA NOCHE....

Manu "ADORA" EL PLAYA

LOS FICHAJES CUMPLIERON CON CRECES



AQUI COMENTABAN SI PODRÍAN SEGUIR EL RITMO DEL ABUELO........

Y LO LOGRARON......Y COMO LO LOGRARONN¡¡¡

y acabó con caras como estas


Todo comenzó con esto............

20/2/11

UNHA CEA MOI PRODUCTIVA


A dianteira según os debutantes
Os debutantes César e Álex recordaban así a nosa banda esquerda...

O once ideal de Pablito Quijada, ó estilo Carreras, con flechas e todo. Bueno, Carreras poñía mais flechas, pero tamén nos moviamos mais que agora. Eran outros tempos!
Lista de altas e baixas
Eu xa sabía que era unha boa idea o de facer unha cea para terminar coa crisis de resultados. ¡¡E que gran idea a de facer fichaxes!!Así podemos contar unha e outra vez as batallitas de sempre sen que nos digan -"Abuelo, xa mo contou vostede corenta veces..."

Ademais de todo esto tamen nos serviu para traballar un pouco a estratexia e a táctica que boa falta nos fai.
Aquí vos vai un pequeno resumo dos temas que se trataron na cea. Esto é para os que non poideron estar na comilona e tamén para algún dos que estaba ,que seguro que non recorda nada...

QUE PASE EL SIGUIENTE


Querido Manuel, en vista de los últimos resultados la directiva de la peña Internacional se ve en la obligación de rescindir su contrato como entrenador.

Le agradecemos los servicios prestados pero necesitamos a alguien con un libreto más moderno.
Y no se cabree hombre que rabietas duró menos!!

NOVAS CARAS




Andamos agora mesmo recompoñendo a peña. En cada partido empeza xente nova, e como Fede tarde en facer a reunión ainda habemos agotar o presuposto con tanta fichaxe.
Nestes últimos partidos debutaron Richard, que xa superou con éxito a fase de adaptación, Alberto Alonso, César, Álex e Borja.
Como dixo Florentino: "Temos que facer nun ano o que outros fixeron en catro"E en eso andamos...
Os chavales prometen, deféndense ben no campo e no Orzán tamén.

URBHER 2 INTER 1


Vamos polo bo camiño. Primeiro metéronnos catro, logo tres e esta semana só dous.
Vós diredes o que queirades pero a mín paréceme unha mellora importante.

Sobre este partido sí que hai moito que contar: Debutaron tres novas fichaxes e Manu estrenouse coma adestrador.
Cando Manolo deu chegado ó campo o once inicial xa estaba decidido e o partido empezado, así que tivo que facer os cambios sobre a marcha. Ou sexa que xa se lle trastocaron os plans dende o principio.
En canto nos meteron o primeiro gol o novo "Chechu Rojo" sacou o machete e comenzou a cortar cabezas, mandou pá banqueta ós novos e puxo soobre o céspede a súa guardia pretoriana.
A cousa non saíu de todo mal, ainda que nos meteron un meneo de carallo, ó final ainda estivemos a punto de empatar.



Carliños otea o horizonte en busca do seu olfato perdido ¡¡Onde carallo andará...!!

9/2/11

CAMBIO NA POLÍTICA DE FICHAXES


¡¡Se veía venir!! A cousa non podía rematar ben. O que en pretemporada parecía o reforzo definitivo, o megacrack, acabou sen xogar un partido e abandona o equipo pola porta de atrás. Ainda diría mais, non abandona o barco senón que xa non subiu á bordo.

Foi unha aposta personal do mister que o defendeu contra vento e marea cando todo o mundo apostaba por queimarlle a ficha( por segunda vez).
O resumen da súa traxectoria na Peña Internacional é: Tres temporadas fichado, un partido xogado e un gol en propia meta.

8/2/11

PIQUÉ - PUYOL



Que vaian tomando notas Ze Castro e compañia.Nos xa temos parexa de centrales.
E é que ó final o P.P. (Puto Pádel) ten que servir para algo. Acostumbrados a moverse xuntos nunha pista tan pequeniña sen tropezar un co outro e sen pegarse coa raqueta(perdón, quería decir pala), pois claro, nun campo de fútbol a cousa está chupada.
Movéronse coma dúas bailarinas, complementáronse coma dous siameses e sobre todo...non discutiron nada. ¿Que mais se pode pedir?

SANTORO 4 INTER 0

Gerardo facendo cálculos para saber os goles que nos meteran.


Si Manu, si. Catro foron os que nos meteron.
Esto cada vez se parece mais a primeira temporada do equipo, cando iamos de derrota en derrrota e ninguén sabía en que demarcación xogaba nin se xuntariamos once para empezar.


De todas formas quedei bastante contento este sábado. Démoslles problemas coma sempre e fixemos unha primeira parte bastante boa, o que pasa é que nos faltaron cambios e ó final non nos chegaba o osíxeno.
Gustoume sobre todo que ainda gañando de dous e de tres goles de diferencia os tíos non se fiaban e decían eles "Cuidado que siempre nos remontan..." Animaliños. Non saben que somos un equipo totalmente cambiado.
Eu creo que co equipo deste sábado mais os de Carral, Fredy e Alberto (que normalmente non van faltar) xa melloraremos bastante. Este é un ano de transición, temos que rematar o mellor posible, cumplir o noso obxetivo de gañarlle ós de sempre, facer algunhas fichaxes e seguro que o próximo ano estamos dando guerra outra vez.
Non quero meterlle presión a ninguén, pero sigo convencido de que con Diego Corgo no equipo todo é posible.

Ah si! o partido. Resumindo , boa primeira parte e moi mala segunda. Catro cero e pa casa.

30/1/11

FLORENTINO, ¡¡FICHA A NICO!!


En vista do fracaso estrepitoso no Torneo Apertura, e tendo en conta que a política de fichaxes este ano foi un desastre, hai que aproveitar o mercado de inverno para traer algún crack.
Está claro que o de "Zidanes y Troyones " non dá resultado. Nós precisamos xente da casa, xente comprometida, non figuritas de porcelana.

Por todo eso creo que temos que mirar mais cerca. No noso círculo de amistades.
Se descartamos ós borrachos (a gran maioría), ás vellas glorias( Rafita, Rabietas...)e ós que non superaron as provas(Mohamed), só nos quedan os que nunca xogaron ó fútbol porque nunca lles deu por ahí...pero que están en forma, fan deporte habitualmente (se o pádel se pode considerar deporte) e teñen libres os sábados polas mañáns...¡¡SÓ NOS QUEDA NICO!!
E ademais pode cortar o céspede.

Dubra. ¡¡fichaje de Nico ya!!

BARç

Ben, ben, si señor!! Sempre é importante empezar gañando.
Os tempos están cambiando non hai dúbida, a mellor proba é que xa celebramos estas victorias coma se fosen títulos. Non se trata de desmerecer a estes chavales, pero non se trata precisamente do Santos de Pelé, e ademais xogaban con dez...


O que mais me gusta de todo esto é que estamos volvendo ás orixes da peña. Os de Carral volven a ser defensas, os paquetes xogamos os noventa minutos, Catoira non falta a un partido, etc,etc.
Me parece que este vai a ser o panorama durante todo o torneo clausura pero, se resistimos, puedo prometer y prometo que a vindeira tempada estaremos onde nos correspode... loitando polos títulos e tocandolle as narices ós de sempre.

E como me pasou a Noiteboa e non me acordei de mandarvos o discurso, vouno facer agora:
"Me enche de orgullo y satisfacción..."Só vos quero dar un pouquiño de moral e decirvos que se aveciñan novedades. Vai haber fichaxes, varios, pero só vos contarei que o mellor de todos xa está na casa...Corgo.

16/1/11



Canoja botando unha siestiña e David sacando o balón o mais puro estilo fernando Hierro

MOHAMED NOVO DIRECTOR DEPORTIVO


Xa que nos falta Carreras para facer as fichaxes, encargámoslle esa tarea a Moha.
A súa primeira aportación, Aruna, xa fixo os dous primeiros goles.

Pode triunfar. O seu debut só é comparable ó de Suso.

AIRES RENOVADOS


Agora sí que chegamos ó final de un ciclo. Os que tiñan acné cando se meteron na peña (no o digo por Soto) agora xa teñen barba cerrrada, e os que tiñamos barba cando fichamos agora temos un carrito de bebé no mellor dos casos.
Por encima, para empeorar as cousas, non podemos confiar na canteira porque, salvo Cascuda e Rafita, todos nos dedicamos a facer nenas en vez de nenos e xa se sabe...prefiren a Kent en vez de a Cristiano Ronaldo.

Por eso amigos,hoxe mais que nunca, hai que renovarse o morir. Pero aquí tampouco o temos fácil porque case todos nos movemos nos mesmos círculos, coñecemos á mesma xente e temos a mesma idade (demasiada pa xogar ó fútbol). Como lle decía eu a Soto(sí, sí, a Jose) ¿onde imos fichar nós, no geriátrico?.

Ou sexa que ou buscamos xente nova fóra do noso círculo ou estamos condenados a desaparecer. É o perigo da consanguinidade.
Po eso dependemos das últimas fichaxes, os mais xóvenes, para que vaian metendo ós seus colegas e os veteranos poidamos dedicarnos dunha vez a xogar ó pádel, plantar tomates e mirar as obras...en fin, choios de jubilados.

"ALGO HUELE A PODRIDO EN OZA DOS RÍOS"

LA ACADEMIA 2 INTERNACIONAL 2



Un partido dos de antes pero coas aspiracións de agora. Calquera outra temporada saltarían chispas neste "derbi", pero hoxe en día bastante temos con presentarnos a xogar con once xogadores. Por certo, que non nos sobraron moitos.


A cousa empezou mal. Todo parecía indicar que nos ía caer outro vacile coma ultimamente.
Empezaron dominando e nós non cheirabamos o balón, só tiñamos un cambio e ó pouco lesioneime eu, e pa acabar de rematala adiantaronse no marcador case ó principio do partido.
Pero pouco a pouco foron cambiando as cousas, chegou Fredy ó rescate e empezou a mover o equipo, fomos collendo confianza ó mesmo tempo que eles se foron cansando de correr.
Na segunda parte ,ainda que a Academia xogaba mellor, a cousa estivo mais igualada. Nos contraataques levabamos perigo e as estrañas danzas senegalesas de Aruna poñían nervioso a Jorgito e a toda a defensa rival.
Coma quen non quere a cousa o senegalés marcoulles dous goles e puxémonos por encima no marcador...¡¡INCREÍBLE!!.
Pero como Deus existe e é xusto, permitiu que Nacho empatara a tres minutos do final.


Total, bastante bo partido conttra un equipo dos mellores e un puntiño que , tal como está a cousa, nos sabe a gloria bendita.