![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi7dWp9UtZmgU-aSUCHVg-O8Teyuc0E4N0AAtvM6yMpnCG-ZxmmUUWoFkSRn_qy0iBxLfGbnL-wBFwZeUSG90Qcelvupp31HLLbbMe3wOBJQTBT7O4npDY7Gi76ylId7e9grjcPN3GeZY4/s320/Imagen461.jpg)
Vamos polo bo camiño. Primeiro metéronnos catro, logo tres e esta semana só dous.
Vós diredes o que queirades pero a mín paréceme unha mellora importante.
Sobre este partido sí que hai moito que contar: Debutaron tres novas fichaxes e Manu estrenouse coma adestrador.
Cando Manolo deu chegado ó campo o once inicial xa estaba decidido e o partido empezado, así que tivo que facer os cambios sobre a marcha. Ou sexa que xa se lle trastocaron os plans dende o principio.
En canto nos meteron o primeiro gol o novo "Chechu Rojo" sacou o machete e comenzou a cortar cabezas, mandou pá banqueta ós novos e puxo soobre o céspede a súa guardia pretoriana.
A cousa non saíu de todo mal, ainda que nos meteron un meneo de carallo, ó final ainda estivemos a punto de empatar.
Carliños otea o horizonte en busca do seu olfato perdido ¡¡Onde carallo andará...!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario