30/1/11

FLORENTINO, ¡¡FICHA A NICO!!


En vista do fracaso estrepitoso no Torneo Apertura, e tendo en conta que a política de fichaxes este ano foi un desastre, hai que aproveitar o mercado de inverno para traer algún crack.
Está claro que o de "Zidanes y Troyones " non dá resultado. Nós precisamos xente da casa, xente comprometida, non figuritas de porcelana.

Por todo eso creo que temos que mirar mais cerca. No noso círculo de amistades.
Se descartamos ós borrachos (a gran maioría), ás vellas glorias( Rafita, Rabietas...)e ós que non superaron as provas(Mohamed), só nos quedan os que nunca xogaron ó fútbol porque nunca lles deu por ahí...pero que están en forma, fan deporte habitualmente (se o pádel se pode considerar deporte) e teñen libres os sábados polas mañáns...¡¡SÓ NOS QUEDA NICO!!
E ademais pode cortar o céspede.

Dubra. ¡¡fichaje de Nico ya!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario