31/3/11

INTER 2 SPORT CAFÉ 3

Bueno, bueno, non me quedou tan mal corpo ó final! Todo prometía ser un auténtico desastre ó principio, pero estivo a punto de ser a mellor remontada na historia da peña.

Ás dez da mañán, hora do partido, estabamos no campo catro xogadores. Despois foron aparecendo outros dous ou tres que estaban no vestuario....logo outro...Total, que empezamos con oito xogadores e Manu facendo de Iribar. Aquelo era un cachondeo. Por encima eles estaban motivadísimos e enseguida nos meteron dous goles nos que Manu, por certo , non tivo nada que facer.
Cando ían dez ou quince minutos chegou Catoira. Puxo os guantes, colocou as medias, quentou ben todas as articulacións, tomou un café...e por fín púxose na portería. Logo tamén chegaron Jose Angel e CR25, co cal xa xuntabamos once pero case estabamos no descanso.


Na segunda parte comenzou outro partido. Permitímonos o luxo de xogar con dez porque aguén tiña que quedar fora coidando a Sariña, a nena de Angel, pero pelexamos coma nos vellos tempos. Farru fíxose co medio do campo e Jose Angel e mais CR25 comenzaron a bombardear a portería rival.

Para non aburrirvos moito direivos que acabaron pedindo a hora e que tivemos ocasións de sobra para gañar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario