Non estivo mal a cousa...de ser Dínamo o equipo de sempre non tería nada de raro o resultado, pero a verdade é que non teñen nada que ver cos que xogaban en Coiro. Cambiaron de campo, cambiaron de equipación e cambiaron os xogadores. Agora son bastante mellores.
O certo é que fixemos o mellor partido da temporada e xogamos moi ben, tamén tivemos sorte de marcar ó principio pero estivemos bastante serios.
As novas fichaxes responden á perfección, o futuro está asegurado, hai canteira, e se temos problemas por ese lado repasamos o arbol xenealóxico de Soto (Jose para los amigos) que malo será...
Por outro lado, o míster gañouse unha segunda oportunidade. Acertou co plantexamento e cos cambios... Co que non acertou foi co campo que o tivemos que coller cando xa estaba chegando a Betanzos.
XOGADOR DA XORNADA :" CR25 "que marcou o camiño da victoria con dous goles.
BERRÓN DA XORNADA :" Conan El Barbas". Se berra así cando goleamos,¡¡ como fará cando perdamos!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario