Parece que Urbenorte Inmoviliaria anda un pouco afectada pola crisis do sector. Non levantan cabeza. Dúas derrotas seguidas contra rivais directos, con problemas para xuntar xente e , posiblemente, a partir do xoves, sen título e co cu ó aire.
Pode ser que na mesma semana perdan o clausura e lles quiten o apertura.
Xa sei que "os pesimistas" dirán que xogaron con dez todo o partido pero nós tamén temos as nosas baixas. De feito comenzamos con dez o partido ainda que logo tiñamos dous cambios.
Gerónimo está lesionado, eu lesionado, Gejo con molestias, David chegou tarde e Pablito ó final do partido.
De todas formas ahí está a forza do noso equipo, o que nos diferencia dos demais. Moitos non xuntarían xente para xogar pero os nosos van ainda que sexa lesionados e o que pode vístese para botar unha man. E SE HAI QUE QUEDAR EN CALZONCILLOS QUEDAMOS!!!
Foi o típico partido noso, sendo inferiores pero pelexando o triple ca eles. En moitas fases bailáronnos, ainda que sen crear perigo, pero en canto roubamos imos á portería coma foguetes e a maioría das ocasións de gol foron nosas.
Penso que esto nos saca un peso de encima. Despois de montar todo o follón se nos chegan a gañar sería unha vergonza. Pero así demostramos que , polo menos , somos tan bos coma eles e non nos aproveitamos do reglamento para gañar títulos.
Xogador da xornada: Est asemana é xusto destacar a todos, algúns estiveron de película , pero en xeral todos fixemos un bo partido.
Berrón da xornada: O barbas do outro equipo qu ademais de berrón era faltón.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
FE DE ERRATAS: Xa sei que inmobiliaria se escribe con b pero agora estou afeito á blackberry de Richard e xa sabedes que esas dúas letras se confunden.
ResponderEliminarSOLO TENGO QUE HACER UN COMENTARIO, Y ES QUE FUE UNA GRAN BICTORIA (SI, YO TAMVIÉN TENGO UNA VLACKVERRY)
ResponderEliminar