31/1/10

PERFIL DA SEMANA

Victor Miguel Galán Cendán. Ten nome de telenovela e cara de película de terror pero realmente o seu xénero favorito, onde el mais destaca, é o cine cómico.
O seu nome de guerra é Rabietas, non se sabe moi ben por que, pero o certo é que o dixo un día de coña Rafita, así coma quen non quere a cousa, e ata hoxe...
As súas cualidades coma futbolista son tantas e tan variadas que case non merece a pena perder o tempo enumerandoas todas. Só me gustaría decir que dá gusto ver como se desmarca pola banda co cigarro encendido na boca, e canto mais corre , mais alumbra o pitillo.
A última vez que o vimos vestido de futbolista foi...bueno, fai moito tempo.
Está no equipo dende a primeira tempada. Foi outro gran descubrimento de José Carreras, que ó primeiro o puxo de dianteiro tanque. No partido do seu debut, na Cachada, chocou frontalmente contra Toni (porteiro de Albión Robers) e ,cando pensamos que morrera, levantouse coma se nada sacudindo a terra dos pantalóns. Ahí foi cando descubrín que non era deste mundo...¡¡Sobrábanlle corenta millóns de glóbulos roxos!!.
A súa contratación foi coma todos os grandes descubrimentos, de casualidade. O equipo estaba celebrando a primeira victoria da súa historia. Comida que eu lles prometera nun bar que tiña por aquel entón. Só me quedaban dous parroquianos na barra dando a lata, e como non sabía como desfacerme deles para que me deixaran cear en paz cos compañeiros, ofrecínlles formar parte do equipo. Os dous parroquianos eran Rabietas e Cascuda. Dende aquel día xa non houbo quen os votara (nin do bar nin do equipo).
Actualmente anda perdido polos montes de Oza dos Rios, alimentándose de raices e con unha barba ata os pés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario