Cura de humildade para o campión. Gañamos o Apertura e agora somos colista do clausura.
Esta sí é a nosa liga, non o de antes. O normal é que loitemos por non descender pero somos tan competitivos que, se enganchamos dous resultados positivos, xa nos metemos na disputa dos títulos.
Ainda que melloraron bastante Kismet segue a ser un equipo dos de abaixo. O que pasa é que nós fomos ainda peores.
Este partido debe facernos reflexionar, porque non tiñamos baixas importantes, éramos bastantes para facer un bo equipo, e sen embargo, non fomos superiores en ningún momento.
Para gañar tem os que pelear!. Non somos superiores a ningún equipo. A nosa fortaleza reside en que somos moi tocagüevos, non damos un balón por perdido, en cambio o sábado xogamos como pasando de todo, confiando na nosa supeioridade.Ó final pagámolo.
Somos un dos mellores equipos da Upofu pero o noso estilo básase na pelexa. Se cada un de nós loita cada balón coma se fose o último somos imparables, pero se pasamos de todo somos un equipiño mais.
Temos grandes galácticos que, ás veces, nos resolven os partidos. Pero non somos campións do Apertura por eso. Gañamos porque todos os demais pelexamos por encima das nosas posibilidades. Eso é o que nos fai mellores que os demais.
O partido é para esquecer. Moitos cambios, moitas variantes , peroa cousa non tiña arreglo.
A sensación era que íamos gañar pero , ó final , saimos goleados.
Xogador da xornada: Fredy
Berrón da xornada : Charly e David.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario