A miña filla Andrea, que como sabedes é a seguidora mais fiel da Peña Internacional, de tanto escoitarnos falar desta polémica da liga , e de se somos campeóns ou non...debía estar un pouco preocupada pola nosa moral e decidíu levantarnola un pouco. Conmigo conseguiuno de sobra.
O sábado pola tarde foi pasear cuns amigos e, de casualidade ,entraron nunha tenda de deportes. A nena viu uns pequenos trofeos de cristal nunha estantería e preguntou canto valían( a nai e mais eu non estabamos presentes). Como non levaba cartos , ó chegar á casa contoulle a miña muller que nos quería mercar un trofeo cos cartos do seu bote.
Así que o luns cando a tenda abreu, sen que eu soubera nada, a nai foille facer o recado a Andrea. E cando ela chegou do colexio deumo mais contenta que unhas pascuas. Case se me caen as lágrimas...esto sí que é un trofeo e non as latas que compra Fede no rastro!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
...Case se me caen a min tamen!!!
ResponderEliminar