![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjpZXi4lrHEnQ24orZkSOhcZ5o9NWcgbCKpR5MdtNU86mwdsRMm-RYqr7Kiuze7drJWqLf7iGxbQo0r8neXxlcI0Uns38f6F0ly7RPoVFuJYc6zjbLSivZm1KAIlfY8P7FwOp0yCKGCSJA/s320/DSCN0311.jpg)
Esta é sin dúbida a frase mais repetida no campeonato da UPOFU. No último ano creo que a escoitei polo menos un millón de veces, en moitas ocasións dentro do noso propio equipo. Unha das mais recentes foi o día de Noiteboa cando chamei á F.E.D.E. para protestar, por enésima vez , polo feito de que , á falta de unha xornada, ainda quedase un partido por xogar dende fai...¡¡ dous meses!!. Pois ben, coma sempre Fede despachoume coa consabida fraseciña de marras..."Es que ellos no tienen la culpa".
É unha de esas mentiras que de tanto repetila parece verdade. Deulles resultado o ano pasado porque contaron coa complicidade doutro equipo, ou polo menos coa súa falta de compromiso cos demais equipos da UPOFU.
Este ano a historia é ben distinta, hai un terceiro en discordia (Sport Café) que tamén está interesado en que se saiba a verdade. E a verdade é que eles fixeron o posible por xogar o partido e Urbenorte (antes e sempre John Moore) intentou retrasalo o máximo posible, ou que non se xogara coma o ano pasado.
No meu pueblo a eso chámanlle facer trampas, e ,normalmente, ós tramposos hai que sancionalos. Non me queda ningunha dúbida de que o ano pasado gañaron o torneo de igual maneira, pero este ano, ademais, pode demostrarse.
Se alguén se pregunta por qué , se rematou a liga, ainda non hai confirmación do título para Cafetería Internacional aquí tedes a resposta.
Ó final parece que..."Ellos sí tenían la culpa".
A min ferveme o sangue!!! Cando e a reunión, no meu correo non hai convoCATOIRA e que non vai a haber reunión no local dos Kilomberos? Aprezouse tamén? Igual agora a organización tamén corre a cargo da John Moore...
ResponderEliminarNon é mala idea Juan, que organicen eles directamente.Así xa poden decidir cando e contra quen queren xogar.
ResponderEliminar