1/1/10

PERFIL DA SEMANA

"Terminator"ou tamén "O carniceiro das burgas".¡Onde pon o ollo pon a bala!, normalmente nas pernas dos contrarios. Soe atacar xusto por debaixo da línea de flotación, na espinilla ou , como se dí na miña aldea, nas canelas.
É un auténtico can de presa, colle ó dianteiro e non o deixa nin ir a mexar. A UPOFU está chea de amigos del, xente que ten algunha marca nas pernas ou ainda peor, que se espertan no medio da noite con suores frios pensando nas súas marcaxes.
Foi outro dos fundadores da peña e de verdade que os primeiros anos para el foron difíciles porque non podía xogar coas gafas pero dende que se inventaron os lentes de contacto a súa vida cambiou radicalmente. Non tanto coma pa marcar un gol...pero todo se andará.
Nesta campaña está a ser fundamental no rendimento do equipo. Apuntalou moi ben a defensa xunto con" Iceman" e ademais está en un bo estado de forma.
Antes dixen que nunca marcara un gol pero non é de todo verdade, fai pouco marcou ún que lle vai cambiar a vida. ¡¡NORABOA JAIMIÑO!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario