20/12/09

DISCURSO DE NOCHEBUENA DEL MISTER

Me enche de orjullo y satisfación poderme dirigir un año mas a vosoutros compañeiros con un mensaje de paz y de felisidás. Ainda que ,por lo que podedes notar por mi tono, esta semana, de paz y felisidás nada de nada...
El sábado después del partido, cuando regresaba a casa con Piñoro, nos enteramos de que John Moore había empatado y ,por lo tanto , éramos los nuevos líderes de la UPOFU. Se supone que la noticia tendría que hacerme dar saltos de alegría...Ni de coña!! me sentí bastante jodido. Tenía la esperanza de que perdieramos la liga limpiamente y no pasara nada. En cambio veo que la vamos a perder como el año pasado y que no tenemos ni siquiera derecho a reclamar...En definitiva, que nos la han vuelto a hacer por segunda vez consecutiva. Os prometo que no habrá una tecera.
MOITA FELICIDADE PARA TODOS E MOITO ALCOHOL!!!

O NOVO TRINCADO SI QUE NOS TRINCOU


Aquí os tedes, con esta pintiña e coas malleiras que lles metiamos en Uxes e foron os únicos capaces de vencernos. Xa sabiamos que xogaban ben pero o certo é que en campos coma Uxes ou Peisaco sempre ou case sempre lles gañamos. Este ano na laboral, nun campo grande, bailáronnos e metéronnos un repasiño que posiblemente nos prive unha vez mais de recoller a copa de vinte euros en vez da de dez.
Deséxolle sorte ó Novo Trincado que ainda pode ser campeón. Dende logo, de non gañar nós, que gañen eles.

CONTO DE NADAL


Octava xornada de liga, xogan Sevilla e Real madrid, dous dias aantes do partido o señor Del Nido chama por teléfono ó seu amigo Florentino.
- Oye Floren, que o sábado non podemos xogar eh! que non temos xente macho...
- Bueno home pois non pasa nada, xa sabes que conmigo non tes problema por eso...
- Vale tío poi daquela xa chamo eu a Villar e dígolle que xa xogaremos outro día.
- Si, si , cando queiras.
Coma na parodia de Gila sobre a guerra, "-oiga es el enemigo? ¿y cuando tienen pensado atacar...?"

A todo esto o Madrid está primeiro e o Sevilla segundo.
O tempo vai pasando e o partido "aplazado" segue sen xogarse. Hai varios festivos polo medio pero ningunha data lles vai ben nin a uns nin a outros...
Chega a penúltima xornada de liga e atopámonos con que o Depor se pon primeiro con un punto de ventaxa sobre o Madrid. Pero falta por xogar o partido "aplazado". Como a estas alturas de competición o Sevilla xa non se xoga nada, Del Nido chama a Florentino e dille :
-Oye Floren, que estou pensando eu que...a nós xa nos dda igual, xa non temos nada que pintar nesta liga así que pasamos de ir xogar eh!
-Bueno, como ti queiras eh...
- Si,si xa chamo eu a Villar e xa lle digo que vos regalamos os tres puntos e que vos vaia preparando outro trofeo...
E esta xa é a segunda liga consecutiva que o Madrid gaña con esta "artimaña legal".
E Gila tamén tiña un chiste para definir esta situación, seguro que o coñecedes, aquel que explicaba a diferencia entre enfadado, irritado e cabreado...

¡¡¡WE ARE THE CHAMPIONS!!!

¡¡¡SOMOS DUROS COMA O ACEIRO!!!

Xa estamos de primeiros pero a fé que nos costou. Os xogadores de urbher aplicáronse con dureza, quizais mosqueados pola súa mala racha dos últimos partidos, e é que non é fácil estar toda a liga arriba pelexando e soñando con gañar o título e en dúas ou tres xornadas quedarte sen opcións.
Non hai mais que ver como quedaron as pernas interistas despois do último partido para darse conta que o camiño ó título de Apertura está cheo de baches. Pero los nososs chavales poden con todo ¡¡¡ SON DE ACEIRO INOXIDABLE!!!
Prométovos que a patada da foto non lla deu Manu.

NOVO PATROCINADOR


Despois de moitas noites de negociacións a Peña Internacional e Estrella Galicia chegan a un acordo de patrocinio para as vindeiras tempadas. En principio o apoio do grupo cervexeiro íase centrar somentes neste blog, foro oficial da Peña Internacional, ó que leva patrocinando xa varias semanas. Sen embargo, a partir de agora, non só luciremos publicidade de Estrella Galicia no blog senón tamén nas camisetas.
Fixemos vir dende Barcelona a Tito Medín para que se fixera cargo das negociacións e foi todo un éxito porque parece que exprimiu os fillos de Rivera ata que pediron papas.
Non podemos falar das cantidades acordadas pero rumoréase que varios barriles para Soto, Gejo e Iceman, algunhas caixas de quintos para Cascuda e Fredy e moita xandy para Troyón.

¡¡¡ COMA SEMPRE TITO ERES UNHA MÁQUINA!!!

PERFIL DA SEMANA

Noutra época coñecido como "De Pedro" polo seu parecido físico co ex da Real Sociedade. Hoxe en día responde ó apodo de "El fumador" porque é o único futbolista do mundo, bueno el e mais Rabietas, capaz de xogar con un pitillo encendido na mán.
Chegou ó equipo fai un lote de anos coma un autentico crack, ainda se recordan por Feáns os seus golazos e ,sobre todo, as suas celebracións.
Ainda que non está no seu mellor momento, ten que ser importantísimo na peña pola súa velocidade e polo seu instinto goleador. Da actual plantilla é o que ten mais gol. É home de poucas palabras, gústalle mais falar no campo.
Sen dúbida, cando se pase ós chicles de nicotina volverá a ser o de antes.

URBEHR 3 INTER 6

o mellor de Abegondo, sin duda, o chiringuito.
Penúltima xornada en Abegondo contra un equipo que estivo loitando polo título case ata o final, ainda que nas últimas xornadas se desinflou.
Comenzamos xogando contra nove e aproveitamos os primeiros minutos para deixar resolto o partido. Volvemos a ser poucos porque as ceas de empresa estan acabando con nós, pero ,como xa dixen o outro día, con dous ou tres cambios para nós é o ideal. ¡ Incluso se cabrearon por facer moitos cambios.!
Na segunda parte, sobre todo dende que marchou Alberto, volveunos dar a pájara de sempre pero xa tiñamos moita ventaxa e non nos poideron remontar. Con todo deixamos pasar unha boa ocasión para recortar a diferencia de goles.
A sorpresa chegou ó final do partido cando recibimos un SMS confirmándonos o empate de John Moore. Así que aproveito para decirvos, se ainda non o sabedes, que estamos líderes.


Xogador da xornada: Alberto. Agora mesmo sen el estamos perdidos.
Berrón da xornada : Coma sempre os do outro equipo, sobre todo o que parecía Coloto.

13/12/09

FELICIDADES CASCUDA

aqui o tedes soprando as velas.
Quero aproveitar a ocasión para felicitar a Cascuda polo seu cumpleanos xa que o próximo mercores cumpre trinta anos. Imos ter que poñerlle un cero mais na camiseta.
Xa sei que non é moi normal que dende o blog andemos felicitando á xente polo cumple coma se fósemos o programa de Ana Rosa (temos cousas mais serias de que preocuparnos) pero o certo é que precisaba unha excusa para colgar esta foto.

PERFIL DA SEMANA

David Rodriguez, alias "Chikrinsky", o home que mais quilómetros fai no noso equipo. Outro motor diesel coma os que el destripa todos os días. Non é rápido pero sempre chega, vai ben de cabeza e non se perde tácticamente. Sabe perfectamente cal é o seu traballo e faino sen mais, sen florituras. Chega, corta o balón e dallo a outro, parece fácil pero é moi dificil. En cambio David faino á perfección.
Chegou ó equipo na primeira temporada, no primeiro salto de calidade, e foi o que abreu as portas da Inter a esa productiva canteira de Bordelle. Segue ó mesmo nivel de sempre, mellor incluso, coidase coma un profesional e sempre está en forma.
Forma parte dese grupo denominado "OS Pesimistas", eses que antes do partido sempre dín: "Estes son moi bos eh! vannos meter catro ou cinco!..." Ou despois dos partidos dín: "eles tiveron catrocentas ocasións e nós ningunha.."
Hoxe por hoxe é fundamental no equipo, sobre todo por se non arranca algún coche...

INTER 3 SPORT CAFÉ 0

Amijiños, remataron as vacacións e xa estamos de volta.¡ E que maneira de volver!.
Co equipo baixo mínimos, con só once xogadores e un enfermo, fixemos o mellor partido da tempada.
Ainda que non esten coma outros anos, Sport Café é uns dos equipos de arriba e gañarlles sempre é difícil. Comenzamos o partido sen suplentes, con once xustos, a cousa non tiña boa pinta. Eu, que non ía xogar, andiven pedindo roupa prestada para polo menos ter un suplente no banquillo, e un pouco despois apareceu Carlos o de Carral...para nós suficiente. ¡Con dous cambios xa somos temibles!.
Dende o primeiro minuto empezamos mandando, tocando e tocando, con Fredy e Corgo no medio coma se fosen Xavi e Iniesta. Eles berraban moito pero non facian perigo, cada falta que lle faciamos a Valencia parecía "intento de homicidio".
Os poucos minutos o primeiro susto, Corgo retírase pensando que leva un dedo roto (ó final non foi nada). A todo esto seguimos ó noso, Iceman e Terminator dando, Manu cortando e Fredy distribuindo. Arriba entre Carlos e Alberto toleaban ós cinco pelados de atrás...que non sei se vos fixáchedes pero neste equipo xogan os calvos na defensa e os de pelo largo dianteiros, así é mais fácil. ¡ Canto choio aforraría eu!.
Conclusión: estamos rematando o Apertura xogando moi ben, e ainda temos posibilidades de gañar o torneo. ¡Lástima deses partidos nos que non faltou xente!.De todas formas o próximo sábado podemos asegurar a segunda praza que tampouco está mal.


Xogador da xornada: Piñeiro, marcou o primeiro gol e xogou en todas as posicións. Fixo varias triangulacións coma o mais galáctico dos galácticos.
Berrón da xornada : Valencia. Con ese corpo non se pode queixar tanto, se chega a medir metro e medio coma min...