29/11/09

TERMINATOR TAMBIÉN TIENE CORAZÓN



A las imágenes me remito. Ante esas malas lenguas que siempre nos lo quieren presentar como un robot, un ser sin alma ni sentimientos, un quebrantahuesos del fútbol, un repartidor de patadas a domicilio...me gustaría presentaros la cara mas amable de terminator para que veais que detrás de esa pantalla fría y metálica también late un corazón.

EL TERCER TIEMPO

PIÑEIRO AFASTA O PERIGO


TIRANDO O PENALTI CON MALA HOSTIA...






...E Ó FINAL CASI BOXEO.

HAT TRICK DO RUBIO


CELEBRACIÓN...

CONAN EL BÁRBARO

En este rincón Carlos "El asesino de Bordelle", uno noventa de estatura y ochentaicinco kilos de peso!!
E o que está detrás é o cascarrabias de "érase una vez el hombre"
¡¡ TE PEGO LECHE!!

¡¡¡ GERÓNIMO!!!

Levaba unha temporada un pouco apagado pero por fín foi o seu partido.
Marcou un gol e deu unha asistencia de cabeza a Corgo, moveuse moi ben entre liñas e axudou moito a descargar en ataque.
Non sei porque pero me da que lle vai mellor xogar con Alberto que con Carlos.

ASTERIX ATACA DE NUEVO


Este rapaz leva camiño de batir todos os records, vai ser o noso ferrari como decía Fernando Hierro. De seguir con esta progresión acabará por superar a seu pai, o mítico Soto, lenda viva da nosa peña.
De todos é sabido que Bruno usa unha pócima máxica...unha sustancia de cor azul, de aspecto sospeitoso que algúns (da John Moore claro) din que bordea a legalidade. Nada demostrado claro. O líquido conta coa aprobación da F.E.D.E. (Federación Española De Equipos) e ademais...esta semana non o trouxo e marcou outra vez.
Pero quen deu ca clave do seu éxito foi Fredy, que afirma que se debe a que é coma o futbolín de Emilio Butragueño, que premes un botón e os xogadores estan seguido movendo a perna para tirar. A demostración está no golazo que marcou.
En calquera caso, sexa a pócima máxica ou o futbolín do Buitre o chaval promete...e é que lle vai no sangue.

PERFIL DA SEMANA


Marcos Gómez Hortas. Este nome, en principio, non nos dí nada pero todos os dianteiros da UPOFU se cagan de medo cando senten berrar por eses campiños de Dios o seu nome de guerra...¡¡CASCUDAAAAAAA!!.E a verdade é que acojona, ninguén sabe de donde lle ven semellante alcume pero ata a señora Ana e mais o señor Emilio lle chaman así.
É un deses extraños casos no mundo do fútbol, non é rápido, non é forte, non é tecnico...pero calquera adestrador o quere no seu equipo. Marca moi ben no home á home, dalle igual que teña que defender a Chuchiño dos Queixos ou ó mesmisimo Maradona...el non se arruga nunca. Se o dianteiro é un fenómeno...xa lle buscará el o punto débil. Tacticamente é moi bo, nunca perde o sitio e sempre ofrece unha saida ós compañeiros. E en ataque, contan que seica din que dixeron que un día, fai moito, moito, moito tempo, marcou un gol.
Dianteiros do mundo, cando vexades que se morde un beizo...¡¡¡Que Dios vos colla confesados!!!
Non podo rematar este perfil sen mencionar a súa xogada preferida, esa que o fixo famoso en toda a UPOFU. Cando o dianteiro é destes que gambetean moi ben, que dominan as bicicletas, non sabes se sairá pola dereita ou pola esquerda...Cascuda faille o famoso baile de Chiquito de la Calzada; izquierda, izquierda...derecha, derecha...y pies juntooooooos y olé. Non soe fallar, sempre se queda co balón.

AGP GALICIA 3 INTER 7


E xa son dúas xornadas seguidas goleando contra equipos de arrriba. Non é casualidade, é que agora estamos todos, temos equipo e ademais temos banquillo.
Sorprendeume o fácil que gañamos, marcando pronto e, a pesar de que empataron enseguida, non nos viñemos a baixo.
Na primeira parte tivemos uns minutos que xogamos moi ben, mellor que nunca, tocando rápido, facendo paredes e sacando o balón dende atrás. Buscamos sempre a porteria rápido e non coma outras veces que tocamos por tocar.Repito que estes a mais os do outro día son bos, presionan, corren e dan leña polo que ten mais mérito.
Estamos amarrando ben atrás con Iceman e Terminator en plan estelar e en ataque se estamos todos non habemos ter problemas, se non marca un xa marcará outro.
Temos que seguir así, só quedan tres xornadas e ainda pode pasar de todo, estamos na pomada que é o que importa.
Xogador da xornada: Outra vez os dous centrais, a súa primeira parte foi espectacular.
Berrón da xornada : Carlos e os defensas do outro equipo que, nun partido sen problemas, case chegan ás mans e ainda non sei porqué.

23/11/09

Por fin Estrella Galicia e Internacional Xuntos

Despois de varias semanas de incertidume, coñecemos por fin o noso novo patrocinador. Non estivo a cousa clara debido a gran oferta de Amancio Ortega por patrocinar a nosa peña, pero tras arduas negociacions a balanza caeu do lado dos irmans Rivera debido a que Amancio se negou a facerlle un traxe a medida a Charly( sei que gastaba moita tela).
Os detalles do contrato son ultrasecretos e as filtracions van desde novos fichaxes( Cristiano , Aguero e mesmo E. Echeverria...), ate asegurar que se se gaña o apertura cerraran a estrella para nos, chegaron a dicir que nos poderiamos bañar no tanque donde enfrian a cervexa.
Me rio de las "primas" del Madrid¡¡

VIVAMOS COMO GALEGOS¡¡

22/11/09

PRETEMPORADA

Así fai a Peña Internacional as súas pretemporadas. O Real Madrid vai a Austria, o Depor a México, e nós imos a Veige. Por certo, si alguén localiza a aquel señor "grueso" de bañador encarnado que aparece ó fondo á esquerda, que chame a Manu. Ofrece unha recompensa por el.

A NOSA DEFENSA É UNHA COREOGRAFÍA PERFECTA

CALENTAMIENTO CON CIGARRO

¡¡SEMPRE RECOLLENDO COPAS!!

CUENTAME

Toni, Pi, Cato, Gerardito, Pedro e Dani paseando o noso escudo polo mundo.

PERFIL DA SEMANA

David Troyón, alias "El Panuchas". Posiblemente a mellor das nosas vedettes, "la jollita de la Corona".É un chico para todo, pode xogar de dianteiro, de interior, de medio centro, de porteiro e incluso...incluso...de central.
É un deses xogadores que ,en principio, non sabes que fai xogando nas peñas porque ten calidade de sobra para xogar nun equipo de verdade (e non me refiro ó Torre que eso é outra peña) .
Xa leva sete ou oito temporadas no equipo e pertence ó que eu chamo "o segundo salto de calidade", esa xeración de futbolistas("la quinta del Manu") que chegaron para facernos campións de Apertura e pelexar polos títulos.
Foi outra gran fichaxe de Tito Medín.

INTER 6 - ALBION(ou como se chamen) 2

Partido xogado na Laboral en medio do furacán Hortensia, con auga por un tubo e o terreo de xogo cheo de follas de eucalipto. Ou sexa, as condicións ideais para "o noso fútbol".
Gañamos o partido no sorteo de campo porque Jaime (Terminator), moi ben aleccionado por Pi, escolleu a favor do vento, e eso dounos unha gran vantaxe na primeira metade. Con todo, os goles hai que metelos...e esta vez os nosos dianteiros estiveron á altura.
Xogamos bastante ben, eles son rivais directos e ademais un equipo moi complicado de gañar ainda que ultimamente perderon potencial. Marchoulles Iñaki, non estaba Li, o central...teñen peor equipo que fai anos pero sempre é dificil xogar contra eles.
Volvendo ó noso, que é o que nos interesa, penso que melloramos con respecto a outros partidos e a clave está en que recuperamos xente. Volveron algunhas das vedettes e tamen volveu a clase media para encher o banco.
Tranquilos, temos que mellorar moito pero estamos no bo camiño."Somos un equipo en construcción".
Ah si, o partido... pois o partido moi ben, moita auga, moito vento...rapazas cachondas en bicicleta...pim pam,seis cero e pa casa.
E agora vou dar os destacados que senon Canoja chámame a atención.


Xogador da xonada: Jaime (Terminator) e Pablo Vales (Iceman). Son coma o día e a noite.¡¡ E non me fagades decir cal é o día e cal a noite!!.
Berrón da xornada : O numero nove deles, ou o dezaoito...Jose Angel está perdendo puntos no rankin porque como trae a Sariña non lle fai xeito berrar.

17/11/09

COMO XOGAMOS POLAS BANDAS!!

No es un pájaro, no es un avión...es Asterix!!

15/11/09

CUENTAME

Victor(ainda non era Rabi), Jaimiño, Sergi, Lolo, Martín, Cato, Fer, Carreras(que non se ve), Manteiga, Tito, Dani, Charly, Cascuda, J. Angel, Efrén, Piojo.

PERFIL DA SEMANA

Alejandro Manteiga, mais coñecido como "Zinedine Manteiga" polas súas famosas "ruletas", ainda que xa fai tempo que non lle vemos facer ningunha.
É outro, dos poucos que quedan, dos que fundaron a peña e eu diría que está mais finiño que cando botabamos as pachangas na Cidade Escolar.
Puro talento, técnico, e moi bo tácticamente pero con motor diesel. É o noso Valerón, sabe xogar ó fútbol e ademais como persona é insuperable.
Por certo, no partido deste sábado demostrou que segue sendo importante e que ademais non fai falla ser rapidísimo para xogar en banda.

SANTORO 1- INTER 1


Outra vez a épica!. E vai ser así ata o fín do apertura porque nos está a faltar moita xente e me parece que a cousa,de momento , non vai mellorar.
Foi coma o día de Academia pero xogando moito peor pola nosa parte. Eles eran moitos mais e mellores ca nós, xogan moito mellor ó fútbol e son mais novos pero...a este deporte pódese xogar de moitas formas. Nós non tocamos moito, non combinamos moi ben, non temos unha técnica depuradísima e non somos uns chavales (en xeral), pero somos expertos en tocar as pelotas, si , si, en plural. A pelota tocámola mais ben mal, pero as pelotas tocámolas de puta madre.
Cando nos meteron o gol nin ben empezar o partido xa pensei que nos ía caer unha malleira pero, ainda non sei moi ben cómo,recuperámonos pronto e chegamos moito á portería e tivemos mais ocasións que eles. Foi unha lástima que non estiese Carlos porque neste campo seguro que mollaba.
Na segunda metade pasámolo peor pero ainda así fallamos varias ocasións para sentenciar e solo pasamos apuros ó final. Foron uns minutos de infarto, Manteiga pediu o cambio que non podía mais, Souto e mais eu estabamos na UVI, Gerónimo con calambres...en fin, un partido dos nosos, todo xenio.
Eu sigo dicindo que estamos ahí. Parafraseando a Xurxo Souto : "Somos malos pero temos forza dabondo pa tronza-lo universo...".

12/11/09

QUEREMOS UNHA CEA XA !!

Esta fin de semana imos gañar a Santoro, pasarlles por enriba e afastalos da loita polo título.
Imos ser poucos e van faltar os galácticos coma sempre pero confío moito en nós.
Ben, pero eu non quería escribir hoxe para arengarvos para gañar o sábado, senón para reclamar que alguén organice unha cea dunha p... vez que teño unha fame de carallo. Ademais , é a maneira de solucionar esta minicrise.
Así que: ¡¡ PIÑEIRO ORGANIZA UNHA CEA OU DIMITE XA!!

8/11/09

EL NIÑO DE LA JOHN MOORE


Corren rumores de que una figura de la Inter ha sido tentada por el florentinismo de John Mooore.
La foto no es muy clara pero...¿quien será el niño de la John Moore?

ESTÁ CARLOS FUERA DE FORMA ?


El fútbol tiene estas cosas, un día la gloria y al siguiente el infierno. Carlos, gran delantero, máximo goleador del Apertura 2007, segundo artillero en el Apertura2008 está pasando actualmente una mala racha. Su mal momento coincide con el cambio de campo pero hai quienes achacan esta crisis a su estado de forma y, aunque no dan la cara, dicen que tiene algunos problemas de sobrepeso.
La verdad es que esta fotografía parece darles la razón.
De todas formas, no te preocupes Carlos, llevan toda la vida discutiendo a Raul y ahí sigue...

PERFIL DA SEMANA

Juan José Catoira, "El gato de Vilaboa", uno de los mejores porteros de la UPOFU y uno de los mas laureados. Varias veces trofeo Zamora tanto en fútbol como en fútbol sala, como diría Sabina: "da fé de que ha triunfado su tripa que ha engordado...".
Es uno de los fundadores de la Peña y sigue al pie del cañón, yo diría que cada vez mejor, ha alcanzado ese punto de madurez que todo futbolista necesita, abandonando el mundo de la noche para centrarse más en el equipo.
Su aportación ha sido y es fundamental.

PRESENTACIÓN DE LA NUEVA ESTRELLA

Está llamado a ser una de las grandes estrellas de la Peña Internacional, un fichaje de campanillas, de los que ya no quedan. Estamos hablando de Diego Costa, la última incorporación de nuestro equipo. Su presentación el pasado sábado en el "Tito Medín Arena" no dejó indiferente a nadie, cientos de medios acreditados, fotógrafos, prensa rosa...fuegos artificiales.... El chaval no defraudó en su debut ni en su presentación. Eso sí, no quiso besar el escudo...de momento.

MANOLO EL DEL BOMBÍN

Agora mais que nunca este equipo necesita aire. E cando pasa esto sempre aparece SuperManu co seu pulmón extra para axudar en todas partes, nunha banda, na outra, na defensa, no ataque...por eso é o noso home do bombín, para darnos aire a todos e facer que o equipo non se afogue.

ESTO NON É UN EQUIPO


Cómo queremos ser un equipo con estas pintas meu home !! Non podemos aspirar a xogar coma o Barça, xogo combinativo, pases, toque , toque...e ter este banquillo... que non digo que os da foto sexan malos, que tamén, pero é que se pretendemos ser unha piña, xogar todos ó mesmo e portarnos coma un equipo...non podemos estar na banqueta con esta facha, un cunha sudadera amarela, outro branca, untro azul...¡é que non hai dous iguais!

INTER 1 EL PATO MAREADO 1


Estos tipos van a pasar a engrosar a lista de bestias negras que temos na UPOFU xunto con Delediei, John Moore e algún mais. Son maliños,maliños pero elimináronnos da copa na primeira ronda e agora elimináronnos da liga.
A verdade é que o imos pasar mal como nos sigan faltando os galácticos, sobre todo no noso campo porque alí hai que xogar mais ó fútbol e importa menos o pelear e correr que é o noso. De todas formas, contra estes equipos non deberiamos ter problemas pero temos que enchufar as ocasións de gol; este día tivemos moitas e non as metemos e eles chegaron unha vez e marcaron un gol ( e unha falta ó largueiro).
Seguramente non podamos xa aspirar a gañar a liga pero polo menos temos que intentar adaptarnos ó campo e xogar un pouco ó fútbol, deixarnos de tanto pelotazo e xogar mais ó toque. Se non sae pois non pasa nada pero polo menos intenta-lo.


Xogador da xornada: Cascuda
Berrón da xornada : Jose Angel (dixoo o árbitro)

5/11/09

VOLVE MAURO SILVA

Si señor, este blog estaba en débeda con el. Xa ía sendo hora de que adicasemos un artigo a este monstruo ( no bo sentido eh...). Este pasado sábado demostrou que é un xogador valente e polivalente, non se acojonou pola responsabilidade e, dando un paso ó frente, dixolle ó mister que lle dera o mando do equipo. Sabe que ,á falta dos galácticos, Carlos e mais el teñen que asumir a responsabilidade de tirar do equipo (non confundir con tirar ó equipo) e esta vez cumpliron á perfección os dous.
"Steven Gerard" xogou a segunda parte no medio do campo e papouse a Lolo e compañía, sobre todo de cabeza, deunos moita tranquilidade atrás e moita presencia arriba.
Ademais, non se peleou con ninguén nin se meteu co árbitro e conseguiu acabar sen tarxetas.
¡¡BEN SE VE NA FOTO QUE ESTABA METIDO NO PARTIDO!!

ASÍ SE DEFENDE UN CORNER

O NOSO CAMPO XA TEN NOME

Aproveitando a visita que nos fixo esta pasada semana Tito Medín queremos levar á cabo unha iniciativa que xa fai tempo que nos anda rondando pola cabeza.
Agora que por fín parece que atopamos un campo decente no que espero que votemos moitos anos, é xusto recoñecer o traballo que Tito realizou para que poidesemos xogar alí.
Sen el non sería posible porque foi o primeiro en iniciar as xestións para alquilar o campo da Laboral, xa nos planteou a idea de cambiarnos para este campo fai anos cando ainda xogabamos en Feáns. Foi o primeiro en falar co funcionario que xestiona todo en Acea de Ama e foi, en fín, quen me puxo, tempo despois , sobre a pista destas instalacións.
Unha boa maneira de recoñecer todo o que este home traballou pola peña é poñerlle o seu nome ó campo de futbol que el nos atopou.
Ademais, se a Federacion de Peñas quere porlle unha rúa ó Depor...¿nós non podemos porlle un estadio a Medín?.
E ainda hai mais motivos ó noso favor; Os políticos non se poñen de acordo en como chamarlle a este sitio, uns dín Haciadama, outros Acea de ama, outros Acea Damá...e Laboral tampouco,que todo o que teña que ver co traballo nos da urticaria.
Así que, amigos da Peña Internacional, temos o gusto de deixar inaugurado o" NOVO ESTADIO TITO MEDÍN".

4/11/09

PERFIL DA SEMANA


GEJO

Germán Lorenzo, de nome artístico "Gejo". É o lateral dereito do equipo, suple a falta de velocidade con unha técnica exquisita, moi dado a subir a banda ata a línea de fondo e meter uns centros teledirixidos que lle valeron o apodo de "David Gejo".
A pesar de ser dos mais xóvenes xa leva varias temporadas no equipo. A súa progresión foi imparable, algo nunca visto no mundo do fútbol, comenzou como cronometrador logo pasuo a ser o segundo adestrador, despois foi primeiro adestrador e por último pasou a formar parte da plantilla. actualmente teno bastante dificil para facerse co posto titular no lateral dereito xa queten que competir con Soto por ese posto e...Soto é moito Soto.
Esperemos que algún día nos conte o que pasou con Pablito (na próxima cea) e porqué o dianteiro está sumido nesa profunda depre.

3/11/09

cuentame

No mítico Feáns

CUENTAME

Primeiro amistoso da Peña en Nantón. Charly contra os seus irmáns e o que está ó fondo é Rey

LA ACADEMIA 3 INTER 4

Como diría Jesulín ¡¡IM-PRECIONANTE!!. Se xogamos sempre con estas ganas algún título caerá seguro.
Non tiñamos moita xente, ó revés que eles que eran mil, faltábannos as figuras... e ainda así, saimos os da clase media e á base de correr e correr gañamos o partido. en serio, eu penso que fixemos un partidazo xa sei que estarán os pesimistas de sempre (Manu, David..) dicindo que non coa cabeza pero eu facía tempo que non nos vía pelear tanto sendo tan inferiores. Eles superábannos técnicamente, en físico e tamén en banquillo pero a nosa ración de criadillas foi moito mais abundante...
Facía tempo que non me divertía tanto xogando ó fútbol( ou algo parecido ).Dende o primeiro minuto oir a Lolo berrando que somos moi malos, que eles tiñan que tocar porque eles saben e nós non...e logo ver a cara que se lle quedaba cando lle ian caendo os goles, eso non hai cartos que o paguen.
O certo é que os suplentes cumplimos ben e agora a er se recuperamos xente para seguir na lucha porque estamos só a dous puntos da cabeza e temos opcións. Deixemos á parte a J. Moore porque eses xogan outra liga paralela contr todos sus amiguitos, aplazando e desaplazando según lles conveña pero Fede verá o que fai porque xa estamos coma o ano pasado: uns levan seis partidos , outros sete, outros oito...un cachondeo. Ó final según estén as cousas xogarán ou non,pero o certo é que só dous ou tres equipos lles disputan os partidos en serio.




Xogador da xornada: eu penso que todo o equipo
Berrón da xornada : Lolo sen discusión