Toda a comunidade futbolística está preocupada. Xa son varias semanas sen saber nada do noso redactor favorito, ese que se fai chamar "la lié parda".
Todo o seu entorno quere aparentar calma pero o certo é que os rumores son insistentes. Hai quen dí que está na illa de perdidos comendo galletas priíncipe co gordo de melenas, outros afirman telo visto no Grove na festa do marisco e algúns sitúano por Valdeorras facendo a vendima.
De calquera maneira dende aquí queremos facer un chamamento a todos os amigos futboleros e tamén camioneiros para que nos axuden a localizalo. Se alguén nos pode dar algunha pista será debidamente recompensado.
¡¡ FREDY VOLVE, A PEÑA E ESTE BLOG NECESÍTANTE!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario