11/9/09

Apertura 2009-2010

Despois de fracasar estrepitosamente no torneo clausura e na copa a afición quería que rodaran cabezas. Pero, a pesar da presión, a directiva segue fiel á súa política de "zidanes y Pavones" e un ano maisoptou por facer poucas incorporacións. Só se fixeron dúas fichaxes: un vello coñecido, Diego Corgo "buen futbolista y mejor persona" e Souto que está chamado a ser peza importante neste equipo. Outro cambio importante é que nos mudamos de casa. Logo de dúas tempadas en " Peisaco " este ano imos estrear o campo da Laboral. En fin, non é o mellor sitio para desplegar o noso virtuosismo pero... xa se sabe, ¡coma o vello Feans non hai nada!.

Firmado
CARLOS FROXAN (columnista)

No hay comentarios:

Publicar un comentario