
Agora que por fín parece que atopamos un campo decente no que espero que votemos moitos anos, é xusto recoñecer o traballo que Tito realizou para que poidesemos xogar alí.
Sen el non sería posible porque foi o primeiro en iniciar as xestións para alquilar o campo da Laboral, xa nos planteou a idea de cambiarnos para este campo fai anos cando ainda xogabamos en Feáns. Foi o primeiro en falar co funcionario que xestiona todo en Acea de Ama e foi, en fín, quen me puxo, tempo despois , sobre a pista destas instalacións.
Unha boa maneira de recoñecer todo o que este home traballou pola peña é poñerlle o seu nome ó campo de futbol que el nos atopou.
Ademais, se a Federacion de Peñas quere porlle unha rúa ó Depor...¿nós non podemos porlle un estadio a Medín?.
E ainda hai mais motivos ó noso favor; Os políticos non se poñen de acordo en como chamarlle a este sitio, uns dín Haciadama, outros Acea de ama, outros Acea Damá...e Laboral tampouco,que todo o que teña que ver co traballo nos da urticaria.
Así que, amigos da Peña Internacional, temos o gusto de deixar inaugurado o" NOVO ESTADIO TITO MEDÍN".
Ya iba siendo hora de homenajear al santo y seña de nuestra Peña
ResponderEliminar