24/2/11
22/2/11
LOS FICHAJES CUMPLIERON CON CRECES
20/2/11
UNHA CEA MOI PRODUCTIVA






Eu xa sabía que era unha boa idea o de facer unha cea para terminar coa crisis de resultados. ¡¡E que gran idea a de facer fichaxes!!Así podemos contar unha e outra vez as batallitas de sempre sen que nos digan -"Abuelo, xa mo contou vostede corenta veces..."
Ademais de todo esto tamen nos serviu para traballar un pouco a estratexia e a táctica que boa falta nos fai.
Aquí vos vai un pequeno resumo dos temas que se trataron na cea. Esto é para os que non poideron estar na comilona e tamén para algún dos que estaba ,que seguro que non recorda nada...
QUE PASE EL SIGUIENTE
NOVAS CARAS



Andamos agora mesmo recompoñendo a peña. En cada partido empeza xente nova, e como Fede tarde en facer a reunión ainda habemos agotar o presuposto con tanta fichaxe.
Nestes últimos partidos debutaron Richard, que xa superou con éxito a fase de adaptación, Alberto Alonso, César, Álex e Borja.
Como dixo Florentino: "Temos que facer nun ano o que outros fixeron en catro"E en eso andamos...
Os chavales prometen, deféndense ben no campo e no Orzán tamén.
URBHER 2 INTER 1

Vamos polo bo camiño. Primeiro metéronnos catro, logo tres e esta semana só dous.
Vós diredes o que queirades pero a mín paréceme unha mellora importante.
Sobre este partido sí que hai moito que contar: Debutaron tres novas fichaxes e Manu estrenouse coma adestrador.
Cando Manolo deu chegado ó campo o once inicial xa estaba decidido e o partido empezado, así que tivo que facer os cambios sobre a marcha. Ou sexa que xa se lle trastocaron os plans dende o principio.
En canto nos meteron o primeiro gol o novo "Chechu Rojo" sacou o machete e comenzou a cortar cabezas, mandou pá banqueta ós novos e puxo soobre o céspede a súa guardia pretoriana.
A cousa non saíu de todo mal, ainda que nos meteron un meneo de carallo, ó final ainda estivemos a punto de empatar.
Carliños otea o horizonte en busca do seu olfato perdido ¡¡Onde carallo andará...!!
15/2/11
10/2/11
9/2/11
CAMBIO NA POLÍTICA DE FICHAXES

¡¡Se veía venir!! A cousa non podía rematar ben. O que en pretemporada parecía o reforzo definitivo, o megacrack, acabou sen xogar un partido e abandona o equipo pola porta de atrás. Ainda diría mais, non abandona o barco senón que xa non subiu á bordo.
Foi unha aposta personal do mister que o defendeu contra vento e marea cando todo o mundo apostaba por queimarlle a ficha( por segunda vez).
O resumen da súa traxectoria na Peña Internacional é: Tres temporadas fichado, un partido xogado e un gol en propia meta.
8/2/11
PIQUÉ - PUYOL


Que vaian tomando notas Ze Castro e compañia.Nos xa temos parexa de centrales.
E é que ó final o P.P. (Puto Pádel) ten que servir para algo. Acostumbrados a moverse xuntos nunha pista tan pequeniña sen tropezar un co outro e sen pegarse coa raqueta(perdón, quería decir pala), pois claro, nun campo de fútbol a cousa está chupada.
Movéronse coma dúas bailarinas, complementáronse coma dous siameses e sobre todo...non discutiron nada. ¿Que mais se pode pedir?
SANTORO 4 INTER 0

Si Manu, si. Catro foron os que nos meteron.
Esto cada vez se parece mais a primeira temporada do equipo, cando iamos de derrota en derrrota e ninguén sabía en que demarcación xogaba nin se xuntariamos once para empezar.
De todas formas quedei bastante contento este sábado. Démoslles problemas coma sempre e fixemos unha primeira parte bastante boa, o que pasa é que nos faltaron cambios e ó final non nos chegaba o osíxeno.
Gustoume sobre todo que ainda gañando de dous e de tres goles de diferencia os tíos non se fiaban e decían eles "Cuidado que siempre nos remontan..." Animaliños. Non saben que somos un equipo totalmente cambiado.
Eu creo que co equipo deste sábado mais os de Carral, Fredy e Alberto (que normalmente non van faltar) xa melloraremos bastante. Este é un ano de transición, temos que rematar o mellor posible, cumplir o noso obxetivo de gañarlle ós de sempre, facer algunhas fichaxes e seguro que o próximo ano estamos dando guerra outra vez.
Non quero meterlle presión a ninguén, pero sigo convencido de que con Diego Corgo no equipo todo é posible.
Ah si! o partido. Resumindo , boa primeira parte e moi mala segunda. Catro cero e pa casa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)