Mentras que nós buscabamos as aguias , sobre todo Canoja, os de Urbher xa empezaran a xogar e xa meteran catro.
A culpa, coma sempre, é do árbitro. "Emilio" ten que comprar un silvato coma dios manda, un que faga ben ruido para que nos enteremos de que empeza o partido, porque pitou ta suave que non nos demos conta de que empezara e cando quixemos reaccionar... xa meteran catro os cabróns!!!
Eso si, fixemos a mellor xogada da historia da peña: Sacamos de centro Alberto e mais eu, pasamola atrás, fomos movendo o balón durante dous minutos ó mais puro estilo do Barça...e ó final asistencia milimétrica de Iceman que remata con tiro axustadísimo e gol...na nosa portería. Lástima dese video!!!
Bueno, non pasa nada, estamos de vacacións. Se nos chega a pasar cando nos estamos xogando algo pódeme dar un soponcio de berrar pero agora xa sabedes...estamos no noso momento zen.
Xogador da xornada : Cascuda que mentras que estivo de porteiro non encaixamos un gol e ademais marcou o terceiro do noso equipo.
Berrón da xornada : Por suposto Jose Angel que lle meteu uns berros a Sarita que non tiña parada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario