23/2/10

PERFIL DA SEMANA

"O Rubio" (debe ser polo color da barba). Nas últimas campañas o mellor goleador do equipo, pichichi en varias ocasións e decisivo para conseguir dous pseudocampionatos seguidos.
O Rubio leva con nós dende que fixo a primeira comunión, a proba está na foto da ficha, na que ainda ten pelo e acné. Veu de tapado naquel lote de fichaxes de Bordelle que fixemos vai dez anos, onde o que viña coma figura era o seu irmán, pero demostrou que o mellor goleador de todos era el.
Nos primeiros anos tivemos que probalo en varias posicións, de lateral, de central e ata de porteiro, pero finalmente gañou un posto na dianteira e de verdade que nos deu grandes mañáns de gloria.
Destaca pola súa velocidade e por marcar os goles mais complicados. Non lle pidas que faga un desmarque porque según dí "agora non vou aprender". Pero se lle mandas un pepinazo a ningunha parte por detrás dos defensas, amaga, fai que vai...engaña ós centrais e ,case sempre marca.
Teño que dicir tamén que é o mais crítico co cambio de campo. A Laboral non lle vai, bota de menos Paiosaco e Feáns e tamén o noso xgo de antes de paatapúmparriba.
De calquera maneira un crack como futbolist e como persoa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario