Por último confirmarvos que o sábado hai cocido para xantar na de Charly. O plan é grabar o partido, gañalo por suposto, e logo ve-lo mentras comemos.
Gerónimo que esté tranquilo que xa faremos outro.
23/2/10
PERFIL DA SEMANA
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjNM3DBQG9iWxtRbnczwMBaCWavCSL7q8n7gGmcP75cLeN4KckYUw-q3n-YVgoh_fDoe_k9bkRxH4sO8wErnIz4kx4z1JMoFoD5LgDh-keHwDsGB-7ICUsDhjTW_NPJysXj9obQugAUOA0/s320/Imagen371.jpg)
O Rubio leva con nós dende que fixo a primeira comunión, a proba está na foto da ficha, na que ainda ten pelo e acné. Veu de tapado naquel lote de fichaxes de Bordelle que fixemos vai dez anos, onde o que viña coma figura era o seu irmán, pero demostrou que o mellor goleador de todos era el.
Nos primeiros anos tivemos que probalo en varias posicións, de lateral, de central e ata de porteiro, pero finalmente gañou un posto na dianteira e de verdade que nos deu grandes mañáns de gloria.
Destaca pola súa velocidade e por marcar os goles mais complicados. Non lle pidas que faga un desmarque porque según dí "agora non vou aprender". Pero se lle mandas un pepinazo a ningunha parte por detrás dos defensas, amaga, fai que vai...engaña ós centrais e ,case sempre marca.
Teño que dicir tamén que é o mais crítico co cambio de campo. A Laboral non lle vai, bota de menos Paiosaco e Feáns e tamén o noso xgo de antes de paatapúmparriba.
De calquera maneira un crack como futbolist e como persoa.
22/2/10
EL HOMBRE QUE NOS ABANDONA POR EL PÁDEL
DINAMO 2 INTER 6
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhdDxow1r5QZ256gJpM8ZxWQoAi8326vtXau0ym-2-bLUSBV_trpjOfWa26A3NqYKkpo6_aty3UMtr9jrIs10bJUTdIrOkVqVpssgdLtbeGxcFTFUY-IlnnxCGErq_JRfg7RaEdbCuyaZk/s320/Imagen529.jpg)
Partido malo, malo,malo. Para esquecer. Xogamos fatal, sen pelexar e indo de sobrados. Cando nos parece que é moi fácil xa empezamos en plan exibición, controlitos, pasecitos y regatitos...E hai que desengañarse...nós non o temos fácil contra ninguén, como non pelexemos e apretemos perdemos contra calquera.
A clave estivo en que marcamos dous goles nos primeiros cinco minutos, e ahí se decidiu o partido. A pasrtir de eso, a vaguear toda a mañán.
O mellor de todo foi o resultado, e o peor a lesión de Alberto que ten fracturada a clavícula e estará de baixa varias semanas.Mandámoslle un saúdo e esperamos que se recupere pronto.
Xogador da xornada: Bruno
Berrón da xornada : Jose Angel
9/2/10
GRABAR O PARTIDO É UN TRABALLO ARRISCADO
Temos que deixar de xogar ó patadón...mais que nada pola saúde do cámara...
QUE VOLVA O HOME DO RELÓ
8/2/10
INTER 7 - E-TAPAS 3
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgUvJLW8HTbId9UAZtTobl0ZAxX0HC1DFCh92mex1iqAlOaawUJrzF08PBLpIDzA8NcQ6CxfP9p0b3YKbIGD2x3N8r6lwNFGpvr8R0XgSzd3xCU1QgWiUZvGeaGESkyxSAz-07qCC7jczI/s320/Imagen512.jpg)
Partido bastante fácil, que se nos puxo de cara ó marcar nos primeiros minutos. Por certo que o árbitro esperou por nós bastante tempo xa que non estabamos once para comenzar.
Non xogamos demasiado ben pero gañamos con mais facilidade da prevista. Penso que se amarramos en defensa e pelexamos coma sempre non habemos ter problemas na maioría dos partidos. Así que Troyón, xa sabes, se queres optar ó balón de ouro tes que xogar de central. Ademais coller posto na banda vai ser difícil tal como está xogando a xente.
Para celebrar que enganchamos dúas victorias seguidas podiamos facer unha laconada.
Xogador da xornada: Corgo e Piñeiro. Moitos quilómetros e moitos goles.
Berrón da xornada: Jose angel.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)