
24/3/10
23/3/10
LA PIERDE EL DE SIEMPRE...
Como xogamos nestes campos embarrados!! Tocando e tocando ata que a perde Fredy claro.
PATO MAREADO 0 INTER 1

Pero se nos volven a tocar na copa seguro que nos gañan...
Hai que recompoñer a plantilla senón imos dar vergonza nas próximas campañas. A ver se recuperamos efectivos e podemos disimular un pouco o ridículo porque eu non recordo nunca estar tan abaixo.
8/3/10
CORNER EN CONTRA
outra futbolección de como defendemos os corners. Dez do noso equipo para marcar a seis contrarios e, por suposto , acaba en ocasión clara de gol.
O noso a balón parado é unha auténtica ruleta rusa.
Todo por esa manía que vos deu agora de defender en zona...¡¡Canto mal lle fai o Barça ó fútbol aficionado!!
O noso a balón parado é unha auténtica ruleta rusa.
Todo por esa manía que vos deu agora de defender en zona...¡¡Canto mal lle fai o Barça ó fútbol aficionado!!
UNA ARRRIBA SI PUEDES!!
Saque espectacular de portería de Canoja, onde Fredy lle berra ¡una arriba si puedes! e el a manda a dez metros, ó borde da nosa area...
A TÁCTICA DO AVESTRUZ

Por certo, durante os partidos tamén acostumbra a facer o mesmo...agocharse.
Unha garimba de premio para quen acerte o personaxe que se esconde debaixo da chaqueta.
DIANTEIRA INÉDITA

Os cambios na dianteira tampouco deron resultado. Probamos con Troyón en punta pero non melloramos moito e non conseguimos empatar.
A boa noticia é que xa non lle quedan mais postos por probar, xa non pode ir mais pa diante sin sair do campo.
¿Daráse conta algún día que onde destaca de verdade é de central...?
NON TEMOS BANQUILLO
NOVO TRINCADO 3 INTER 1

Polo visto tódolos anos nos pasa o mesmo, ou polo menos o ano pasado e mais este son calcados.
Moi ben o Apertura e no Clausura collemos vacacións, espero que esta vez non dure tanto a racha e que nos tomemos en serio a copa.
Foi un partido coma a maioría desta temporada, nos pasaron por encima xogando ó fútbol, tocando e correndo...Estes equipos, os catro ou cinco primeiros, xogan mellor ca nós e nos campos de antes non se notaba tanto pero en estes campiños sintéticos a diferencia é mais evidente. De todas maneiras, se facemos o noso fútbol, se pelexamos, podemos ganarlle a calquera, e a estes rapaces ganámoslles case sempre....pero temos que correr mais e tomalo mais en serio.
É verdade que estamos baixos de forma e ,sobre todo , de moral. É verdade que a baixa de Alberto é moi importante para nós, pero este día estabamos case todos os de sempre, segundos do apertura, así que tiñamos equipo dabondo para gañar.
Facédeme caso, a clave está en pelear.
Xogador da xornada: Bruno.
Berrón da xornada : Jose Angel