30/1/11

FLORENTINO, ¡¡FICHA A NICO!!


En vista do fracaso estrepitoso no Torneo Apertura, e tendo en conta que a política de fichaxes este ano foi un desastre, hai que aproveitar o mercado de inverno para traer algún crack.
Está claro que o de "Zidanes y Troyones " non dá resultado. Nós precisamos xente da casa, xente comprometida, non figuritas de porcelana.

Por todo eso creo que temos que mirar mais cerca. No noso círculo de amistades.
Se descartamos ós borrachos (a gran maioría), ás vellas glorias( Rafita, Rabietas...)e ós que non superaron as provas(Mohamed), só nos quedan os que nunca xogaron ó fútbol porque nunca lles deu por ahí...pero que están en forma, fan deporte habitualmente (se o pádel se pode considerar deporte) e teñen libres os sábados polas mañáns...¡¡SÓ NOS QUEDA NICO!!
E ademais pode cortar o céspede.

Dubra. ¡¡fichaje de Nico ya!!

BARç

Ben, ben, si señor!! Sempre é importante empezar gañando.
Os tempos están cambiando non hai dúbida, a mellor proba é que xa celebramos estas victorias coma se fosen títulos. Non se trata de desmerecer a estes chavales, pero non se trata precisamente do Santos de Pelé, e ademais xogaban con dez...


O que mais me gusta de todo esto é que estamos volvendo ás orixes da peña. Os de Carral volven a ser defensas, os paquetes xogamos os noventa minutos, Catoira non falta a un partido, etc,etc.
Me parece que este vai a ser o panorama durante todo o torneo clausura pero, se resistimos, puedo prometer y prometo que a vindeira tempada estaremos onde nos correspode... loitando polos títulos e tocandolle as narices ós de sempre.

E como me pasou a Noiteboa e non me acordei de mandarvos o discurso, vouno facer agora:
"Me enche de orgullo y satisfacción..."Só vos quero dar un pouquiño de moral e decirvos que se aveciñan novedades. Vai haber fichaxes, varios, pero só vos contarei que o mellor de todos xa está na casa...Corgo.

16/1/11



Canoja botando unha siestiña e David sacando o balón o mais puro estilo fernando Hierro

MOHAMED NOVO DIRECTOR DEPORTIVO


Xa que nos falta Carreras para facer as fichaxes, encargámoslle esa tarea a Moha.
A súa primeira aportación, Aruna, xa fixo os dous primeiros goles.

Pode triunfar. O seu debut só é comparable ó de Suso.

AIRES RENOVADOS


Agora sí que chegamos ó final de un ciclo. Os que tiñan acné cando se meteron na peña (no o digo por Soto) agora xa teñen barba cerrrada, e os que tiñamos barba cando fichamos agora temos un carrito de bebé no mellor dos casos.
Por encima, para empeorar as cousas, non podemos confiar na canteira porque, salvo Cascuda e Rafita, todos nos dedicamos a facer nenas en vez de nenos e xa se sabe...prefiren a Kent en vez de a Cristiano Ronaldo.

Por eso amigos,hoxe mais que nunca, hai que renovarse o morir. Pero aquí tampouco o temos fácil porque case todos nos movemos nos mesmos círculos, coñecemos á mesma xente e temos a mesma idade (demasiada pa xogar ó fútbol). Como lle decía eu a Soto(sí, sí, a Jose) ¿onde imos fichar nós, no geriátrico?.

Ou sexa que ou buscamos xente nova fóra do noso círculo ou estamos condenados a desaparecer. É o perigo da consanguinidade.
Po eso dependemos das últimas fichaxes, os mais xóvenes, para que vaian metendo ós seus colegas e os veteranos poidamos dedicarnos dunha vez a xogar ó pádel, plantar tomates e mirar as obras...en fin, choios de jubilados.

"ALGO HUELE A PODRIDO EN OZA DOS RÍOS"

LA ACADEMIA 2 INTERNACIONAL 2



Un partido dos de antes pero coas aspiracións de agora. Calquera outra temporada saltarían chispas neste "derbi", pero hoxe en día bastante temos con presentarnos a xogar con once xogadores. Por certo, que non nos sobraron moitos.


A cousa empezou mal. Todo parecía indicar que nos ía caer outro vacile coma ultimamente.
Empezaron dominando e nós non cheirabamos o balón, só tiñamos un cambio e ó pouco lesioneime eu, e pa acabar de rematala adiantaronse no marcador case ó principio do partido.
Pero pouco a pouco foron cambiando as cousas, chegou Fredy ó rescate e empezou a mover o equipo, fomos collendo confianza ó mesmo tempo que eles se foron cansando de correr.
Na segunda parte ,ainda que a Academia xogaba mellor, a cousa estivo mais igualada. Nos contraataques levabamos perigo e as estrañas danzas senegalesas de Aruna poñían nervioso a Jorgito e a toda a defensa rival.
Coma quen non quere a cousa o senegalés marcoulles dous goles e puxémonos por encima no marcador...¡¡INCREÍBLE!!.
Pero como Deus existe e é xusto, permitiu que Nacho empatara a tres minutos do final.


Total, bastante bo partido conttra un equipo dos mellores e un puntiño que , tal como está a cousa, nos sabe a gloria bendita.